O Caderno

Tamén celebramos o Mini-Encontro de O Globo!

Este ano, o Encontro de O Globo tivo a súa versión mini en Pontevedra. Foi unha xornada ben divertida na cal o alumnado do CRA María Zambrano puido expoñer e poñer en valor a súa microexperiencia de transformación social, gozar dunha chocolatada de comercio xusto e aprender a través de xogos e contos.

Ler máis

VI Encontro de O Globo

O pasado 14 de xuño arredor de 100 persoas de entidades sociais, centros educativos e colectivos diversos reunímonos no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) para celebrar o VI Encontro de O Globo, unha xornada moi especial na que puidemos compartir, rir e aprender.

Ler máis

O vindeiro 14 de xuño O Globo celebrará o seu VI Encontro!

Como cada ano, as persoas e colectivos implicados en O Globo atoparanse nun Encontro no que compartir as súas microexperiencias de transformación social.

Ler máis

Conclúe a formación dirixida ao profesorado

A terceira edición da formación "A educación para a cidadanía global como ferramenta socioeducativa" concluía esta semana, co profesorado en pleno desenvolvemento de microexperiencias de transformación social nas súas aulas. Esta sesión centrouse nos procesos de avaliación e comunicación das microexperiencias.

Ler máis

Así foi a primeira sesión formativa do Globo

Un grupo de profesorado (ESO, Bacharelato e FP) e estudantado de Educación Social, Mestrado de Profesorado da UDC, profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da UDC e unha orientadora dun Centro Rural Agrupado (CRA) participaron na primeira sesión formativa do programa "A educación para a cidadanía global como ferramenta socioeducativa"

Ler máis

3º Edición da formación no marco do Globo

A comezos de 2024 arranca unha nova edición da formación dirixida ao profesorado no marco do Globo. A terceira edición desta formación, homologable pola Consellería de Educación, ten por obxectivo achegar coñecementos prácticos para a posta en marcha de procesos de transformación social nas aulas.

 

Ler máis

Conversando con Haydee Castillo

O pasado venres Haydee Castillo, recoñecida activista nicaraguana, foi a protagonista no café Macondo de A Coruña de “Conversando con…”, un novo espazo presencial de O Globo no que coñecer experiencias de participación social da man dos seus protagonistas.

Ler máis

Conversando con...Haydee Castillo

O vindeiro venres, 8 de setembro, ás 20.00h, terá lugar a primeira cita deste ciclo de conversas arredor da participación social e os activismos. "Conversando con..." xirará arredor da experiencia e traxectoria de persoas referentes na transformación social ao longo do globo.

Ler máis

Así foi o V Encontro do Globo

Unha vez repousadas as primeiras impresións despois da celebración do V Encontro, compartimos as conclusións desta xornada participativa entre entidades sociais, alumnado, cooperativas, e persoas diversas interesadas nos activismos e a transformación social

Ler máis