«A través deste obradoiro, as persoas participantes se achegan ao máxico e divertido mundo da radio tocando temas relacionados coa Cidadanía Global». Este obradoiro foi deseñado por Rocío Cadahía, do colectivo AGARESO.
«As viñetas son un medio de expresión que abarca unha parte intimista e outra de exhibición, co cal, como ferramenta crítica ten moita forza.» Este obradoiro foi deseñado e dinamizado por Idoia de Luxan.
Nesta guía promovida por Solidariedade Internacional abórdanse os conceptos básicos relacionados coa participación, propoñendo diferentes dinámicas para facelo dunha forma activa.
Nesta guía promovida por Solidariedade Internacional abórdanse a participación dentro das organizacións. Presenta as canles e as dinámicas de participación, presentando metodoloxías de traballo para afondar no funcionamento democrático de todas elas.
Nesta guía promovida por Solidariedade Internacional abórdanse os procesos de participación abertos, nos que as organizacións buscan colaborar con outras e abrirse á sociedade, impulsando a mobilización cidadá.
Esta sexta guía de Solidariedade Internacional céntrase en como pasar á acción, para acadar obxectivos de transformación social mobilizando a persoas e axentes próximos. Vai dirixida ao alumnado de secundaria.
Esta guía de Solidariedade internacional céntrase en como organizarse de modo democrático e vai dirixida ao alumnado de secundaria. Aborda as ferramentas de traballo e de participación, a través dunha proposta de busca colectiva de coñecemento.
Guía de Solidariedade Internacional con reflexións e exercicios para fomentar un tipo de liderado democrático e transformador. Para iso aborda cuestións como a comunicación, os conflitos, a moderación de reunións e outras actitudes e habilidades para o liderado.
Orienta o traballo de educación para a Cidadanía Global nos centros de ensino, propoñendo indicadores a nivel de centro.
Fundamentos teóricos que sustentan a proposta da Educación Transformadora para a Cidadanía Global, así como unha listaxe deses «trazos» ou elementos que detectamos como definitorios dun centro educativo transformador.
Educaçao para a Cidadanía Global, proposta de articulaçao para o 2º ciclo do ensino básico é un material practico, sinxelo de entender, moi visual, feito polo propio profesorado asesorado en todo momento pola equipa técnica de AIDGLOBAL.
A partir da experiencia no Instituto Derk, en Inglaterra, no que traballan a ECG e a súa vinculación co currículo, falan do rol que deberíamos ter as ONGDs na ECG dentro das escolas.
Experiencia levada acabo no CPI Virxe da Cela de Monfero, transformada en libro colectivo escrito por profesorado de secundaria e primaria, ONGD e equipo investigador da UDC.
«Ferramenta de concienciación coa que motivar á acción, observando as desigualdades que supoñen os privilexios duns territorios a costa doutros.» Este obradoiro foi deseñado por Solidariedade Internacional de Galicia
Recomendacións de estilo e guía de contidos para publicar as micro-experiencias de transformación social na Sonda do Globo
Guía áxil do que se debe e o que non se debe facer á hora de impulsar e desenvolver micro-experiencias de transformación social no Globo.
¿Cales son os criterios para que as micro - experiencias sexan transformadoras? Este documento permite analizar se as iniciativas son horizontais, colectivas, replicables e transformadoras.
Esta guía metodolóxica está pensada para abordar os dereitos sexuais e reprodutivos no ámbito escolar, nomeadamente secundaria. Elaborada por AGARESO e ACPP.
Cal é o estado da participación da mocidade galega na actualidade? Como podemos promovela? Esta é a cuestión sobre a que afondamos neste estudo, desenvolto seguindo a metodoloxía de investigación – acción propositiva durante o ano 2021.
Análise de varios programas de educación para a participación cidadá desenvoltos en Andalucía: "Ecoescuela", "Parlamento Joven" e "Seguro que te mueves", valorando as súas potencialidades e dificultades, con especial atención ás concepcións do profesorado e alumnado.
"Siempre se puede hacer algo" é o título deste estudo impulsado pola Coordinadora Valenciana de ONGDs, enfocado en coñecer a percepción da xuventude da Comunidade Valenciana.
Elaborado por UNIFEM Países Andinos, aborda a planificación de procesos participativos dunha forma práctica, para identificar, visibilizar e contribuir ao fortalecemento dos dereitos humanos das mulleres e a equidade de xénero.
O Consello da Xuventude elabora esta guía para a promoción da participación e asociacionismo das persoas novas, como reto que afronta a sociedade no seu conxunto.
Este artigo de investigación achégase á dinámica de participación social das persoas maiores, tendo en conta o contexto e os marcos culturais, comparando casos en España e Alemaña.
Silvia Martínez de Miguel López estuda neste artigo académico a potencia da Animación Sociocultural como instrumento para fomentar a participación do colectivo de persoas maiores.
Este documento céntrase naqueles elementos do currículo que posibilitan a integración da cidadanía global na programación das aulas dos distintos ciclos, tendo en conta 4 indicadores: valores universais; pertenza á comunidade global; retos globais; e acción e transformación.
Expóñense os datos obxectivos do acontecido durante a duración do programa “Horizonte 2030”, para continuar
coa valoración dunha selección das persoas participantes no programa.
Infografías que percorren a cronoloxía do Programa Horizonte 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora.
As conclusións deste estudo convidan a repensar as organizacións e colectivos, ofrece indicios sobre as inquedanzas, intereses e demandas da xente maior e da pistas para acadar maiores niveis de implicación.