Quen Somos

Carolina Lodeiro

Politóloga especializada en cooperación ao desenvolvemento e igualdade de xénero. A súa traxectoria profesional comezou no Ecuador, traballando para a AECID, e continuou en Galicia no sector da consultaría social e da cooperación universitaria para o desenvolvemento. Actualmente é socia directora de Wayna Consultora SL.

Yasmin Pineda

Traballadora social nada no Salvador. Responsable da xestión e dirección dunha radio comunitaria no municipio de Tecoluca (Radio Tehuacán), coordinando un equipo de mozos comunicadores, entre o 2012 e o 2014. Neste período desenvolveu programas radiais de enfoque social, de dereitos humanos, de xénero e de medio ambiente e foi testemuña do compromiso que tomou a mocidade no Salvador por buscar espazos afastados da violencia e a delincuencia.

Clara de Saa

Xornalista na Radio Galega, presenta "Convivir" desde o anos 2009, un programa de carácter social que conta con 10 premios ao longo desta traxectoria.

Guionista, produtora e realizadora de documentais en Buxo producións: "Aillados" ou " A memoria nos tempos do Wolfram" entre outros. Tamén ten publicados cinco libros de contos para nenos na editorial Kalandraka.

Ana Lampón

Chámome Ana Lampón, son Educadora Social e formo parte da equipa de Solidariedade Internacional de Galicia, onde desenvolvo a miña labor no eido da Educación para a Cidadanía Global, centrándome nas liñas de investigación e formación. Reflexión, análise e dialóxica, son as miñas verbas predilectas.

Ana Lopez

O meu nome é Ana López Freitas, son graduada en Educación Social e formo parte de Solidariedade Internacional de Galicia dende o ano 2011. Durante estes anos puiden participar en 8 proxectos de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, ademais de incontables actividades e iniciativas ao redor da loita contra a pobreza e a desigualdade social.

Maribel Valiela

Eu son Maribel Valiela. Nai dunha nena e membro de Solidariedade Internacional de Galicia dende os seus inicios. E igual que "Soli", estou en constante aprendizaxe e maduración.  Profesionalmente dedícome á docencia, gústame pensar que traballo para construír un mundo máis xusto e solidario para todas e para todos.

Alberto Gomez

Nado en outono de 1975 en Vigo e ligado profesionalmente ao sector da decoración, compaxino a vida laboral co voluntariado en Oxfam Intermon dende 2004. Coordinador desta organización dende 2005, son membro da Rede Social Galicia Sur e do Consello Local de Cooperación do Concello de Vigo, ademais de colaborador en diferentes entidades do terceiro sector.

Manuel Cao

Son Educador Social, Animador Sociocultural, Monitor de Tempo Libre. Tamén son fillo, pai e amigo. Pero sobre todo son persoa, consciente e comprometida coa realización de pequenas accións ou actos que fagan mudar o noso Mundo para Mellor.

Carolina Campos

Galega, socióloga de formación con experiencia en recursos humanos e feminista de pensamento. Adoro a música, o deporte, a natureza e a boa compaña.

Como parte de Solidariedade Internacional de Galicia asumín a lóxica da actuación local, o pensamento global e o traballo en rede para acadar a sustentabilidade do mundo diverso que queremos.

Juan de Sola

Xornalista especializado nos Dereitos Humanos, a Solidariedade e a Comunicación para o Desenvolvemento (CpD). Máis de vinte anos en medios nacionais de radio e prensa. Fundador e primeiro presidente da ONG Agareso, Reporteiros Galegos Solidarios. Actualmente, coordina e presenta o programa de radio ‘Contraparte’, en Onda Cero Radio e é asesor internacional da Asociación Mundial de Radios Comunitarias en América Latina.

Jessica Nuñez

Educadora Social. Directora de tempo libre. Experiencia en fomento da participación da mocidade e voluntariado, deseño e execución de campañas de sensibilización e intervención con colectivos en risco de exclusión. Feminista, amante dos animais e da natureza.

Noa Devesa

O meu nome é Noa e son educadora social. Comecei como voluntaria de Solidariedade Internacional de Galicia alá polo ano 2011. Aínda que a miña andaina comezou da man do comercio xusto, atopei na educación para a cidadanía global unha ferramenta fundamental á hora de traballar a prol do cambio e a través dela fomentar a participación e incidencia política da poboación. "Moita xente miúda, en lugares miúdos, facendo cousas miúdas, pode cambiar o mundo"  E. Galeano 

Maria Caride

Son María Caride, Educadora Social de Solidariedade Internacional de Galicia. Aínda hai moita presenza en min dos sentimentos e maneiras de facer de cando comecei como voluntaria na organización e que conxugo, dende fai xa moitos anos, coa profesionalidade dende o meu rol de técnica na Area de Sensibilización e Educación para a Cidadanía Global. É difícil separar estas dúas facetas, así que convivo con elas no meu día a día.