O Caderno

Dálle ao play e achégate ao VIII Encontro de O Globo

Xa está dispoñible o vídeo resumo do VIII Encontro de O Globo, unha peza para achegarse ao ambiente e ás voces que marcaron esta edición.

Ler máis

Unha ollada ao VIII Encontro de O Globo

O pasado 5 de xuño, preto de 80 persoas déronse cita no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) para compartir as súas iniciativas de transformación social, tecer rede e compartir unha xornada lúdica e enriquecedora.

Ler máis

O Globo celebra o VIII Encontro!

O venres, 5 de xuño de 2026, entidades, centros educativos e colectivos sociais reuniranse no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) para compartir as súas iniciativas de transformación social.

Ler máis

A participación cidadá ante os impactos sociais e ambientais das macroplantas de biogás

A posible instalación dunha planta de biogás na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha, abriu un debate social sobre o modelo de desenvolvemento do territorio e os impactos deste tipo de infraestruturas no medio rural. Co proxecto aínda en exposición pública, a cidadanía ten aberto o prazo para presentar alegacións ata o 26 de maio.

Ler máis

A nova edición de O Globo xa botou a andar

Nos últimos meses de 2025 arrancou a nova edición de O Globo, entre outros, coa participación do alumnado de 1º de Educación Social e do Mestrado de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario da Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto inicia así un novo percorrido no que os grupos comezan a achegarse ás súas dinámicas de traballo e a reflexionar sobre as temáticas que marcarán as futuras accións de transformación social.

Ler máis

Non se pode descolonizar sen despatriarcalizar: unha reflexión colectiva con María Galindo en Compostela

O Museo do Pobo Galego acolleu o día 8 de xaneiro a sesión formativa Non se pode descolonizar sen despatriarcalizar, a cargo de María Galindo, pensadora feminista boliviana e integrante do colectivo Mujeres Creando. 

Ler máis

"Non se pode descolonizar sen despatriarcalizar", con María Galindo en Compostela

Comezamos o ano cun encontro con María Galindo, integrante do colectivo feminista boliviano Mujeres Creando, que ofrecerá unha primeira aproximación á súa teoría e proposta de despatriarcalización.

Ler máis

O apartado de Ferramentas incorpora novidades

O apartado de Ferramentas amplíase con novos recursos de interese para colectivos e persoas interesadas en promover unha participación social activa, crítica e inclusiva.

Ler máis

As rúas de Compostela énchense de apoio ao pobo palestino

O pasado domingo, 5 de outubro, milleiros de persoas déronse lugar na Alameda de Santiago de Compostela ás 12 da mañá para protestar en contra da situación que está a acontecer en Palestina.

Ler máis