O Caderno

Transformando Educación en Acción

O sábado 11 de xaneiro, O Globo converteuse nun espazo de aprendizaxe, reflexión e acción, dirixido a profesorado e profesionais do terceiro sector. Nun ambiente dinámico e participativo, abordáronse retos socias e educativos a través do coñecemento, dinámicas innovadoras e debates, coa finalidade de promover unha cidadanía activa e comprometida coa xustiza social.

Ler máis

Novidades no apartado Ferramentas!

Neste último ano actualizamos o apartado ferramentas da nosa páxina web, con contidos de relevancia para todas as persoas e colectivos interesados na participación social.

Ler máis

Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela contra o proxecto de Altri na Ulloa

O pasado domingo, 15 de decembro, milleiros de persoas déronse encontro na cidade de Santiago de Compostela para protestar contra o proxecto que Altri quere instalar en Palas de Rei (A Ulloa).

Ler máis

Inscrición aberta para a nova formación de O Globo para profesorado

A cuarta edición da formación para profesorado terá lugar a principios do vindeiro ano 2025. Nesta nova convocatoria, abordaremos o potencial da Educación para a Cidadanía Global como ferramenta socioeducativa para fomentar o pensamento crítico e a participación activa do alumnado.

Ler máis

Haydée Castillo achegounos as claves da participación social

O pasado 18 de outubro tivo lugar a formación "Activismos e participación social" impartida por Haydée Castillo no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña.

Ler máis

Haydée Castillo impartirá unha nova formación sobre activismos e participación social!

O vindeiro venres, 18 de outubro, na Aula de Usos Mútliples do Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña en horario de 18:00 a 20:00h terá lugar unha formación impartida por Haydée Castillo que leva por nome Activismos e participación social.

Ler máis

Tamén celebramos o Mini-Encontro de O Globo!

Este ano, o Encontro de O Globo tivo a súa versión mini en Pontevedra. Foi unha xornada ben divertida na cal o alumnado do CRA María Zambrano puido expoñer e poñer en valor a súa microexperiencia de transformación social, gozar dunha chocolatada de comercio xusto e aprender a través de xogos e contos.

Ler máis

VI Encontro de O Globo

O pasado 14 de xuño arredor de 100 persoas de entidades sociais, centros educativos e colectivos diversos reunímonos no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) para celebrar o VI Encontro de O Globo, unha xornada moi especial na que puidemos compartir, rir e aprender.

Ler máis

O vindeiro 14 de xuño O Globo celebrará o seu VI Encontro!

Como cada ano, as persoas e colectivos implicados en O Globo atoparanse nun Encontro no que compartir as súas microexperiencias de transformación social.

Ler máis