Que é o Globo?

O GLOBO é unha ferramenta para a promoción da cidadanía global iniciativa da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia. O GLOBO alberga e impulsa iniciativas de transformación social compartidas coa sociedade a través dun encontro anual e máis deste espazo web que alberga entre outras ferramentas, as iniciativas. Saber máis

O encontro anual

O GLOBO conta cun encontro anual onde os centros de ensino, as ONGs e outras entidades, intercambian aprendizaxes, reflexionan e constrúen cidadanía global. Saber máis

Iniciativas Ver máis

Abeiramos! Nos nosos mapas, todo o mundo ten cabida!

Asemblea de Cooperación Pola Paz

Esta iniciativa pretende fomentar a empatía cultural empregando a metodoloxía das cartografías  sociais. Forma parte do proxecto “Abeirar” e alíñase co Obxectivo de Desenvolve... Ler máis

Campaña Stop Idadismo

ATEGAL

Do compromiso de Ategal para visibilizar os efectos dos estereotipos ante o Idadismo e o que estes estereotipos xeran nas persoas nace “Poñendo as gafas grises”. Creando “murais de... Ler máis

Festival Multiculti, un evento para o intercambio entre persoas

Asociación Cultural e de Ocio ASANTA TERANGA

Organizamos unha festa para celebrar a diversidade de culturas e persoas de distintos países que viven no Concello de Vilardevós (Ourense). O evento consistiu nunha degustación de... Ler máis

O Solar da Pomba

Fundación Social Emaús, Provivienda

O Solar da Pomba é un espazo recuperado pola veciñanza e por persoas en situacións de vulnerabilidade. Enmárcase no programa Participa centrado no aspecto relacional e comunitario... Ler máis

As iniciativas de transformación social

Neste apartado documéntanse e compártense as iniciativas transformadoras que teñen tres fases. Ver proxectos

Luces

Prendemos a luz: partimos dunha motivación (persoal, grupal e social) que nos leva a querer afondar nela para mellorala.

Cámara

Aproximámonos á realidade descuberta. Analizámola e reflexionamos, de xeito crítico. Enfocámola ben. Como poderíamos cambiala?

Acción!

É o momento de actuar. Que está da nosa man? Como podemos levalo a cabo? Quen pode contribuír? Pensamos en axentes e persoas con poder e incidencia na sociedade.

Quen Somos Ver máis

Solidariedade Internacional Galicia

O Globo é un proxecto de Solidariedade Internacional de Galicia que nace co propósito de crear un espazo aberto e colaborativo no que persoas, colectivos, entidades ou centros educativos poidan dar visibilidade ás súas iniciativas de transformación social. A través deste proxecto fomentamos a participación activa da cidadanía e favorecemos encontros interxeracionais e intersectoriais. O Globo é, en esencia, unha xanela ao mundo onde compartir experiencias, conectar sensibilidades e inspirar o cambio social desde o local cara ao global.