Que é o Globo?

O GLOBO é unha ferramenta para a promoción da cidadanía global iniciativa da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia. O GLOBO alberga e impulsa iniciativas de transformación social compartidas coa sociedade a través dun encontro anual e máis deste espazo web que alberga entre outras ferramentas, as iniciativas. Saber máis

O encontro anual

O GLOBO conta cun encontro anual onde os centros de ensino, as ONGs e outras entidades, intercambian aprendizaxes, reflexionan e constrúen cidadanía global. Saber máis

Iniciativas Ver máis

AMA y No Olvida, Museo de la Memoria contra la Impunidad

Asociación Madres de Abril (AMA)

AMA y No Olvida, Museo da Memoria contra la Impunidad, contribúe a dignificar e preservar a memoria das vítimas do Estado de Nicaragua desde abril de 2018 e a apoiar a esclarecer a... Ler máis

A miña voz importa

ONG Viraventos

Proxecto de podcast desenvolvido con adolescentes en situación de mobilidade que se configura como un espazo de expresión, análise e construción colectiva de sentido sobre as súas... Ler máis

Mulleres Colleiteiras, recollida e xestión consciente de aceite usado

Arquitectura Sen Fronteiras

Cooperativa galega que dende 2011, realizan unha importante labor social e medioambiental mediante a inserción laboral de mulleres vulnerables na recollida e xestión sostible de ac... Ler máis

Cámera Café

CIFP Compostela

Esta experiencia  desenvolvémola ao longo de dous cursos académicos como alumnado do Ciclo Superior de Integración Social do CIFP Compostela. En 1º, traballamos a problem... Ler máis

As iniciativas de transformación social

Neste apartado documéntanse e compártense as iniciativas transformadoras que teñen tres fases. Ver proxectos

Luces

Prendemos a luz: partimos dunha motivación (persoal, grupal e social) que nos leva a querer afondar nela para mellorala.

Cámara

Aproximámonos á realidade descuberta. Analizámola e reflexionamos, de xeito crítico. Enfocámola ben. Como poderíamos cambiala?

Acción!

É o momento de actuar. Que está da nosa man? Como podemos levalo a cabo? Quen pode contribuír? Pensamos en axentes e persoas con poder e incidencia na sociedade.

Quen Somos Ver máis

Solidariedade Internacional Galicia

O Globo é un proxecto de Solidariedade Internacional de Galicia que nace co propósito de crear un espazo aberto e colaborativo no que persoas, colectivos, entidades ou centros educativos poidan dar visibilidade ás súas iniciativas de transformación social. A través deste proxecto fomentamos a participación activa da cidadanía e favorecemos encontros interxeracionais e intersectoriais. O Globo é, en esencia, unha xanela ao mundo onde compartir experiencias, conectar sensibilidades e inspirar o cambio social desde o local cara ao global.