Vegana.gal, feira para un mundo sen especismo

2025

Vegana.gal

ODS03 Saude Benestar, ODS04 Educacion, ODS05 Igualdade Xenero, ODS10 Reducion Desigualdades, ODS13 Accion Polo Clima, ODS15 Vida Ecosistemas Terrestres, ODS17 Alianzas

Feira con obxectivos éticos e sociais que ofrece charlas, desmostracións culinarias, presentación de libros, encontros e actividades infantís para repensar o mundo desde o antiespecismo e a sostibilidade.

Instagram | Facebook | Web

Falta de espazos de reflexión crítica sobre o antiespecismo

Segundo estudos de Greenpeace, a superficie total utilizada para alimentar o gando equivale aproximadamente ao 26 % da superficie terrestre, o que supón o 80 % do espazo destinado á actividade agrícola, responsable tamén da meirande parte da deforestación mundial. 

A pesar do crecemento do interese polo veganismo, seguen faltando espazos accesibles, plurais e públicos de reflexión crítica sobre a nosa relación co resto dos animais e co planeta. Os discursos especistas permanecen totalmente normalizados, mesmo en contextos culturais e educativos. Estudos recentes indican que a divulgación baseada na ciencia e no contacto con persoas activistas facilita cambios de percepción e acción. 

Neste contexto nace Vegana.gal, unha feira única en Galicia que busca cubrir esa carencia creando un espazo diverso, vivo e comprometido, onde se entrelazan saberes científicos, éticos, políticos e sociais.

La peligrosa intensificación de la ganadería. Greenpeace. La ganadería industrial está destruyendo el planeta. Greenpeace Preguntas y respuestas sobre la carcinogenicidad del consumo de carne roja y de la carne procesada. OMS España se coloca entre los 10 países más vegetarianos del mundo Aumenta en un 6000% el número de vegetarianos en Galicia en una década

Activismo e coidado: cara a unha conciencia ampliada

Vegana.gal aposta por un modelo que combina divulgación, coidado e comunidade
A partir de datos que evidencian a crise ecolóxica e social, propón un espazo para analizar causas, explorar solucións e activar reflexións críticas e colectivas. As intervencións de filósofas, científicas, nutricionistas, representantes políticas e activistas abordan o veganismo desde múltiples enfoques, unindo pensamento académico, evidencia científica e saber empírico. 
A comida, eixo vital da cultura galega, preséntase tamén como ferramenta política: un acto diario co que avanzar cara a un mundo máis xusto. Desde a horizontalidade, Vegana.gal constrúe conciencia e representa un exemplo vivo de activismo cultural feito con rigor, paixón e coherencia.

Un fogar galego para celebrar, conectar e transformar

Vegana.gal non é só unha feira, senón unha celebración colectiva que convida a repensar o mundo con responsabilidade e perspectiva antiespecista, facendo da cultura, a reflexión e a acción ferramentas de cambio. Cada edición ofrece unha coidada programación de parladoiros con filósofas, activistas, científicas e nutricionistas; unha lareira con demostracións culinarias, presentacións de libros, arte, espazos infantís, punto nutricional, unha taberna vexetal e máis de 100 casetas expositoras nun gran campo da festa. Para facer posible este evento, con moitos custos asociados, establécese unha entrada a prezo simbólico que permite acceder e gozar de todas as actividades no interior do recinto.

Reivindicamos Galicia como fogar e terra rica en recursos naturais e potencia transformadora. Un territorio que, se o coidamos con respecto pode avanzar cara a un modelo sostible, xusto e inclusivo para todas as especies. Ao tempo, recoñecemos o labor de iniciativas que impulsan o cambio do local ao internacional. 

Construída desde a ilusión, a empatía e sempre en positivo, a boa resposta do público e dos medios demostra que outro mundo é urxente, mais tamén posible.

Nova na TVG Nova en Metropolitano.gal Nova en La Voz de Galicia Nova en La Vanguardia Dossier fotográfico