Que é?

O GLOBO é unha ferramenta para a promoción da cidadanía global iniciativa da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia. O GLOBO alberga e impulsa micro-experiencias de transformación social e espazos de intercambio para compartilas e trasladalas á sociedade.

Un espazo físico

Un encontro anual onde os centros de ensino, as ONGs, e outras entidades, intercambian aprendizaxes, reflexionan e constrúen cidadanía global.

Un espazo web

Onde compartir as micro-experiencias de transformación social, atopar información de utilidade, boas prácticas e recursos didácticos.

Como é?

O GLOBO servirá para formarse nos coñecementos, habilidades e valores necesarios para a cidadanía global.

Coñecementos

  • Xustiza social e equidade.
  • Comprensión das desigualdades e inxustizas sociais.
  • Comprensión das interrelacións Norte-Sur.
  • Comprensión da propia identidade e das diversidades nas sociedades.
  • Comprender as nosas responsabilida-des como cidadáns e cidadás globais.
  • Coñecer o poder e como reverter situacións a través da participación e a incidencia.
  • Coñecer as desigualdades de xénero e como producir cambios para a igualdade.
  • Coñecer a natureza dos conflitos e como manexalos construtivamente.

Habilidades/destrezas

  • Capacidade de argumentar e chegar a acordos / compromisos.
  • Capacidade de exercer liderado.
  • Capacidade de resolución de conflitos.
  • Capacidade de colaborar con outras persoas.
  • Capacidade de escoitar, ter voz e deliberar.
  • Capacidade de imaxinar e crear proxectos para o ben común.

Actitudes/valores

  • Respecto e coñecemento do entorno.
  • Empatía.
  • Solidariedade.
  • Identidade e autoestima.
  • Vontade de convivir coas diferenzas e resolver conflitos.
  • Conciencia crítica.
  • Compromiso social.
  • Optimismo cara a transformación social.

Para que é?

O GLOBO busca a transformación social:

A conciencia crítica

Fórmulas para analizar a realidade, proxectar outros mundos posibles e pasar a acción.

O compromiso social

con realidades próximas e concretas, indo do local ao global. Sabendo que os nosos actos teñen consecuencias.

A incidencia social e política

Espazo de participación cidadá e de comunicación cara á sociedade.

Colaboración en rede

para coñecer os problemas de primeira man, colaborando con universidades e especialistas.

O desenvolvemento de competencias

Habilidades participativas e outras propias do currículum do ensino regrado.

Como participar

Os obxectivos d‘O GLOBO pódense resumir en tres: coñecer, reflexionar e transformar e estes tres obxectivos correspóndense a tres fases de participación: luces, cámara... e acción!

1. Luces...

Prendemos a luz: partimos dunha motivación (persoal, grupal e social) que nos leva a querer vela mellor, afondar nela:
  • Exemplos de motivacións – situacións Da «nosa» situación pasamos a «outras» similares. Porque o local tamén é global
  • Exemplos de realidades (nosas ou de outras) Quen participa? Fixámonos en quen intervén desta realidade e recollemos todos os puntos de vista
  • Papeis dos diversos axentes (persoas expertas, universidades, centros de estudo...)

Na práctica. Definimos a situación axudándonos de entrevistas, vídeos, audios, imaxes... que enriquezan a presentación.

2. Cámara...

Aproximámonos á realidade descuberta. Analizámola e reflexionamos, de xeito crítico. Enfocámola ben. Como poderíamos cambiala?

Na práctica. Círculos de lectura crítica dos medios. Modelos-fichas: A reflexión crítica, O futuro desexado, Accións a desenvolver...

3. ...Acción!

É o momento de actuar. Que está da nosa man? Como podemos levalo a cabo? Quen pode contribuír? Pensamos en axentes e persoas con poder e incidencia na sociedade.

Na práctica. Buscamos a transformación social. Para iso concretamos as accións e os pasos que damos. Facemos balance dos resultados.

Como facer que o globo
colla altura?

Visibilizando e recoñecendo as partes implicadas

(o grupo motor que puxo en marcha a iniciativa e tamén persoas colaboradoras, expertas...)

Buscando impactos visibles

e presentados de xeito «atractivo» Unha iniciativa ten capacidade REAL de transformación.

Facilitando o traballo do profesorado con persoas expertas

(formadoras en materias de comunicación, vídeo...), recursos áxiles e divertidos...

O PRISMA

Do GLOBO forma parte O PRISMA: comisión aberta de contraste e seguimento das accións do GLOBO. A vocación interdisciplinaria d ́O GLOBO e a necesaria implicación da comunidade educativa precisan dun espazo onde se poidan debater contidos, metodoloxías e funcionamento e propoñer accións organizativas e de mellora.

Convidarase a involucrarse no PRISMA a profesorado (principalmente de secundaria), persoal investigador, entidades e iniciativas afíns e e medios de comunicación. Fará reunións periódicas.