O Globo é un proxecto de Solidariedade Internacional de Galicia que nace co propósito de crear un espazo aberto e colaborativo no que persoas, colectivos, entidades ou centros educativos poidan dar visibilidade ás súas iniciativas de transformación social. A través deste proxecto fomentamos a participación activa da cidadanía e favorecemos encontros interxeracionais e intersectoriais. O Globo é, en esencia, unha xanela ao mundo onde compartir experiencias, conectar sensibilidades e inspirar o cambio social desde o local cara ao global.