Boasemente

2020

Boa Noite

ODS10ReducionDesigualdade, ODS11CidadesComunidadesSostibles, ODS01FinPobreza, ODS02FameCero

Desde Boasemente damos un novo paso creando unha liña de acción baseada na Economía Circular. Promovemos a agricultura rexenerativa a nivel local compostando, cultivando e creando hortos urbanos a partir de madeira descartada

E-mail: tauboanoite@gmail.com 

A nosa cidade precisa dar un paso máis cara a sostenibilidade

Esta micro experiencia busca pór solución a tres problemáticas que atopa a nosa asociación Boanoite.

En primeiro lugar, queremos fomentar a integración de persoas en risco de exclusión social a través do emprendemento. Desexamos crear unha actividade comprometedora que consiga motivar aos propios usuarios do fogar Boanoite a emprender e tomar iniciativas. Buscamos a forma de unir aos usuarios do Fogar coas familias da cidade que viron como a súa situación de pobreza e exclusión se agravou.

Doutra banda, queremos terminar coa dificultade de acceso a produtos frescos tanto para as persoas que residen no Fogar Boanoite, como para as familias que se atenden desde o proxecto, xa que as doazóns de comida consisten, na súa maioría, en alimentos non perecedoiros.

Por último, Boasemente busca a creación de alianzas coas entidades da Coruña co obxectivo de impulsar un modo de vida sustentable desde unha perspectiva social.

Crear actividade e coidar a nosa comunidade a partir de accións baseadas na economía circular

A vontade de fomentar a integración de persoas en risco de exclusión social a través do emprendemento e a promoción da compostaxe e a agricultura urbana na cidade da Coruña tradúcese na necesidade dunha primeira etapa de formación.

En Boasemente desenvólvense talleres de carpintaría, horticultura e compostaxe, que se complementan con visitas a proxectos de reciclaxe e hortos urbanos. Con esta actividade buscamos o compromiso das usuarias do Fogar Boanoite para implicarse na Economía Circular da nosa cidade e ser partícipes do seu propio proxecto. Os talleres, visitas e diferentes formacións crearán unha rede que agrupará a aqueles entes que traballan no ámbito da economía circular, a reciclaxe e a labranza cos grupos da nosa cidade en risco de exclusión social. Desta forma traballarase conxuntamente coñecendo as dificultades de ambas as partes e chegando a acordos comúns.

Doutra banda, fabricaremos os compostadores e os bancais que se utilizarán para crear o horto urbano do Fogar Boanoite. O resultado destas actividades porá solución á falta de alimentos frescos nas doazóns da cidade

Creación de compostadores e hortos urbanos polos usuarios do Fogar

Creáronse dous hortos en zonas estratéxicas para a actividade da entidade.
En primeiro lugar, creouse un horto urbano no patio do Fogar Boanoite. A localización abarca unha área delimitada tanto para a plantación de plantas aromáticas e verduras de tempada, como unha zona anexa para a colocación de bancales co fin de proporcionar maior luz solar á plantación segundo a súa natureza e necesidades. 


En segundo lugar, crearase un segundo horto no patio lateral da Igrexa dos Pais Franciscanos. Neste segundo horto elaborarase a principal actividade educativa en alianza co Colexio Pais Franciscanos.
Por último, os compostadores terán a súa localización en ambas as zonas, sendo os primeiros utilizados polos usuarios do Fogar Boanoite e os segundos para fomentar e educar aos alumnos e usuarios do comedor do colexio no seu uso. 
Os produtos obtidos no horto urbano están a ser actualmente repartidos entre as familias necesitadas da Coruña grazas ao equipo de boatarde.