#SonÁrbore - Sensibilización sobre o rol das árbores en Ourense

2020

Sustinea

ODS11CidadesComunidadesSostibles, ODS13AccionPoloClima

#SonÁrbore é una iniciativa promovida pola Sociedade Galega de Historia Natural, o Ateneo de Ourense e a Asociación Sustinea; para reivindicalo rol das árbores dentro do entorno urbán da cidade de Ourense. Confórmase de actividades deseñadas para sensibilizar sobre a importancia que teñen as árbores nas cidades, como elementos constitutivos da vida e sostenibilidade dentro do entorno urbán.

Email: sonarbore@gmail.com / Twitter: @sustinea

/ Facebook: @son.arbore.ourense / Instagram: @son.arbore

As árbores de Ourense poderían contribuir a baixar a temperatura da cidade ata 8 grados

As árbores nas cidades contribúen a mellorala nosa calidade de vida e saúde mental.

Co desenvolvemento da industrialización e os entornos urbáns, a figura dos bosques e das árbores pasou a ter un carácter secundario na planificación urbanística, atribuíndolles un rol meramente ornamental e de complementariedade. Nembargantes, a riqueza que aportan as árbores e os espacios verdes no entorno urbán é clave para o desenvolvemento das cidades do século XXI, que aspiran a ser sostibles, respetuosas co medio e convertirse en entornos máis habitabels para os seus cidadáns.

En relación ao medio, ás árbores actúan como filtros para contaminantes urbáns e partículas finas (pó, suciedade e fumes) atrapándoos nas follas e codia. Así, una árbore madura pode absorber ata 150 kg de gases contaminantes por ano. Polo que, como conxunto, as árbores xogan un papel importante na mitigación do cambio climático. Tamén, unha selección adecuada de especies e a súa ubicación estratéxica pode axudar a enfrialo aire das urbes entre 2 e 8 grados; reducindo as necesidades de aire acondicionado e calefacción ao situalas correctamente ao redor dos edificios.

Ademáis, investigacións recentes atoparon que vivir preto de espazos verdes urbáns e ter acceso aos mesmos, pode mellorala saúde física e mental, ao disminuir a presión arterial alta e o estrés. 

Polo tanto, coñecendo tódolos beneficios que poden aportalas árbores, é de vital importancia darlle ás árbores o papel que lles corresponde dentro da idiosincrasia das cidades, para facer unha xestión óptima de este recurso estratéxico para o noso futuro.

Máis información en:

  • Thomas Astell-Burt; Xiaoqi Feng (Public Health, Xunio 2019) Association of Urban Green Space With Mental Health and General Health Among Adults in Australia
  • ONU Habitat (Maio 2019) Siete grandes beneficios de los árboles urbanos
  • Willian D. Solecki et al (Global Environmental Change Part B: Environmental Hazards, 2011) Mitigation of the heat island effect in urban New Jersey
  • Carlos Priego González de Canales (Ensayo Doctorado, Novembro 2002) Beneficios del Arbolado Urbano

Cántas árbores ves ao día?

O desenvolvemento das cidades supuxo un gran avance na mellora das condicións de vida e acceso a certos servizos, pero tamén supuxo un certo afastamento dos elementos naturais.

As árbores e os espazos verdes cumplen unha función máis aló de meros elementos decorativos, como se fixo evidente para moitos tras o estado de confinamento derivado da Covid-19.

Os beneficios que aportan as árbores e os espazos verdes dentro do entorno urbán son moitos, pero a efectividade destes elementos depende dunha xestión eficiente. Escoller as especies adecuadas, ubicar estratéxicamente ás árbores e evitalas podas agresivas e innecesarias, son algunhas das decisións que contribúen ha facer das cidades entornos máis apracibles, sostibles e plácidos para os seus cidadáns.

Mapas de árbores de Ourense:
https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1L30Yd_f0V_hn6TxuoZO7dBXYm84&ll=42.343962228462686%2C-7.853575049999986&z=15&bclid=IwAR0QqqFDCvzUP2Nc1-G3z0EmAtC-lVWfB8KvRg-i8hgR7n4Yx1ZnpsHt43Y

Treepedia: http://senseable.mit.edu/treepedia

Os roteiros urbáns #SonArbore poñen o foco nas árbores da cidade de Ourense

Actualmente, o ser humano encontrase ante o reto de integrar a Natureza dentro dos espazos urbáns, para facer das cidades entornos máis sostibles e respetuosos tanto co medioambiente coma cos propios cidadáns. Este cambio pasa por recoñecer os beneficios que proporcionan as árbores no entorno urbán e a importancia dos espazos verdes no noso benestar.
A través do proxecto #SonArbore, poñémolo foco nas árbores da cidade de Ourense, organizando roteiros urbáns pensados para divulgalos beneficios que proporcionan as árbores nas cidades e reflexionar conxuntamente sobre a importacia dunha xestión eficiente do noso arboredo.
Nos roteiros, recorremos os parques e as principais zonas verdes de Ourense, reflexionando sobre a importancia que teñen as árbores e os espazos verdes na cidade, cómo foron xestionados nos últimos anos e qué problemática afecta a estes elementos constitutivos da nosa cidade.

Clipping de prensa das Actividades #SonArbore:
https://docs.google.com/document/d/1RKarrBaqbJ7jlygrt9c_gFRFZq8iTT8p1c1eqktGU_cedit?usp=sharing
Roteiros #SonArbore na prensa:

https://drive.google.com/file/d/1QIkoGIhtZs-HCmIqavQ49SXU7g-QhsPL/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1rt2a6ID2SBH8NKKv75RKP49VmQX-mgJB/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1vAsG5zKlyJC0i7fyIk7-CGrfj1HZoPXy/view?usp=sharing