Todas somos palestinas: artivismo textil contra o femixenocidio en Gaza

Impacto do femixenocidio nas vidas das mulleres e crianzas en Gaza e Palestina
O informe de Francesca Albanese (2024) e o da Comisión da ONU (2025) coinciden en documentar actos que poderían constituír xenocidio por parte de Israel en Gaza. Máis do 70 % das vítimas mortais son mulleres e crianzas, e as políticas israelís buscan impedir os nacementos entre a poboación palestina.
A violencia reprodutiva inclúe a destrución sistemática de centros de saúde materna, a falta de acceso a atención obstétrica e neonatal, partos prematuros no 30% , e incremento do 300% nos abortos espontáneos derivados do estrés crónico e a escaseza de recursos. Xunto coa violencia sexual, isto ten un impacto devastador non só na saúde física das nais e dos bebés, senón tamén no benestar emocional, xerando altos niveis de ansiedade, depresión e trauma que afectan á saúde reprodutiva e á capacidade das comunidades para sosterse.
Estes actos son parte dunha estratexia de destrución física, mental e simbólica da vida palestina, que afecta de maneira desproporcionada ás mulleres, privándoas do dereito á saúde, á maternidade segura e á integridade corporal, e ás crianzas, do dereito á vida, á seguridade e ao futuro.
Anatomía de un genocidio. Francesca Albanese “More than a human can bear”: Israel's systematic use of sexual, reproductive and other forms of gender-based violenceMobilización/sensibilización contra a impunidade en prol da paz xusta cunha perspectiva feminista e decolonial
As causas son o colonialismo de asentamento, o apartheid o racismo estrutural e a impunidade internacional que permite accións de exterminio sen consecuencias reais. As solucións requiren o cesamento inmediato da violencia, o acceso humanitario garantido e o fin do bloqueo de Gaza, máis un proceso de xustiza internacional efectivo.
Cómpre tamén unha resposta feminista e anticolonial que centre os dereitos das mulleres e crianzas palestinas, recoñecendo a súa axencia e resistencia. Sen verdade, reparación e garantías de non repetición, non haberá paz xusta nin seguridade real. A educación é clave para concienciar, informar e mobilizar contra o femixenocidio e a normalización da impunidade, promovendo contra-pedagoxías da crueldade como propón Rita Segato (2018), que desafíen os procesos de deshumanización aprendidos socialmente.
Contra-pedagogías de la crueldad. Rita SegatoNarrativas téxtiles sobre as vidas de mulleres e crianzas durante o femixenocidio en Gaza
A acción realizada consistiu en:
Retrato de mulleres e crianzas (1º Educación Infantil): en pequenos grupos, realizouse un acto de sororidade artivista baseado na costura como práctica feminista para nomear as violencias machistas e os soños feministas, tomando como referencia as opresións sufridas polas mulleres e crianzas en Gaza e Palestina. O resultado: retrato coral baseado no lema feminista “Se tocan a unha, respostamos todas”, a través da co-creación dun tapiz colaborativo. Cada grupo representou nun anaco de tea a voz, rostro, corpo, palabras, soños, loitas, historias das mulleres e crianzas palestinas. Elaborouse tamén unha ficha por grupo con información biográfica das testemuñas elixidas, sociocultural, xeopolítica e vulneración dos DDHH e Dereitos da Infancia. Finalmente, coseuse un tapiz, mostrando a parte reflexiva, creativa e artística.
Mensaxes reivindicativas (4º Educación Social) en cada peza de tea para destacar o rexeitamento das mulleres palestinas, ó xenocidio e á ocupación israelí. Pintaron e montaron sobre anacos de tea, de forma individual ou en pequenos grupos, textos e imaxes reivindicativas na que destacan frases de poetas, escritoras, artistas, músicas e activistas palestinas. O resultado foi un traballo de introspección, coñecemento e denuncia da causa palestina.
Dossier fotográfico Avaliación dos procesos de aprendizaxe e difusión Nova en La Opinión Obrigados a fuxir