Os faladoiros do Globo
A pandemia da Covid-19 foi un fenómeno global, pero en cada país puidemos vivilo dun xeito distinto. A través de formatos virtuais, os faladoiros consistiron en coñecer de primeira man como se estaba a vivir a pandemia en diferentes lugares, desde o mundo rural e as cidades de Galicia ata diferentes países centroamericanos. As e os protagonistas foron o alumnado e o profesorado de centros educativos de secundaria.
Os efectos do Covid-19 no ámbito rural e urbano galego e no latinoamericano
Ámbito sanitario:
- Segundo a Coordinadora Galega de ONG, “En Honduras hai 0,7 camas de hospital por cada 1000 habitantes. En España 3”.
- Segundo a Coordinadora Galega de ONG, “En Guatemala hai 0,3 médicos por cada 1000 habitantes”.
- Segundo a Coordinadora Galega de ONG, “os países centroaméricanos contan con 1500 respiradores: 2,5 por cada 100.000 habitantes”.
Ámbito socioeconómico:
- Segundo Intermón Oxfam, medidas tan básicas como lavarse as mans ou evitar o contacto físico son difíciles para o 21% da poboación urbana latinoamericana que vive en barrios marxinais, asentamentos informais ou vivendas inadecuadas.
- Segundo Intermón Oxfam, a precariedade laboral e a exclusión fan que un improtante número de persoas latinoamericanas vivan ao día, un 53% teñen un emprego informal.
- Segundo a IPS, “Casi un tercio de todos los brasileños necesitaron ayuda para sobrevivir durante la pandemia, que está agravando la desigualdad social y la precariedad laboral como factores de mortalidad por la pandemia”
- Segundo a OIT, “6 de cada 10 persoas activas no mundo traballan na economía formal, a inmensa maioría en países empobrecidos”
- Segundo UNICEF, só 3 de cada 5 persoas de todo o mundo contan con instalación básicas para o lavado de mans.
- CEPAL estima que, “El 21% de los ocupados podría teletrabajar”.
- Segundo Mario Pinel, profesor hondureño, a principal dificultade atopada fronte ao Covid-19 é que “es una cultura limitada, por ejemplo para lavarnos las manos, compramos agua y en las viviendas pobres tiene que cargar agua kilómetros, como para pedirles que la usen para lavarse las manos”.
Ámbito educativo:
- Segundo CEPAL, “el uso de soluciones de educación en línea sólo es posible para quienes cuentan con conexión a internet y dispositivos de acceso. El 46% de los niños y niñas entre 5 y 11 años de la región, viven en hogares que no están conectados a internet”
- Segundo a UNESCO, “Dada la contracción económica, la cantidad de recursos disponibles para la educación podría disminuir más de un 9% tan solo en 2020”
- Segundo CEPAL, só o 10 e o 20 % dos estudantes que son de niveles sociales máis baixos contan con ordenadores.
- Segundo Imelda traballadora da ONG Aproxal Salvadoreña, di que traballa con persoas da terceira ideade e xovenes adolescentes e que o traballo é moitas veces inviable porque estas persoas non teñen os materiais necesarios. E di “hay peronas que no tienen ni teléfono y los que lo tienen no cuentan con la tecnología para conectarse”
- Por un lado segundo algúns profesores galegos a pouca inversión en educación vese reflexada na sociedade, a xente que quere superarse non ten as condicións para facelo. O principal reto é a falta de motivación dos rapaces e das rapazas. E por outro lado, algúns profesores latinoamericanos cren que tamén é un reto a falta de implicación dos pais nos seus fillos e fillas, porque cren que o acceso educativo debese ampliar máis alá das aulas.
- Segundo os datos recollidos nos faladoiros feitos pola organización Solidariedade Internacional de Galicia, os alumnos e alumnas galegos/as prefiren ter clases presenciales e non online, a pesar de que pasaron un confimaneto tranquilo.
- O profesorado saca como conclusión que no ámbito educativo se evidencian as desigualdades sociais na educación, cando a educación debería ser un elemento normalizador e consideran que a raíz desta crise deberiamos centrar máis nas competencias e valores e non nos contidos.
Ámbito familiar:
- ”En América latina menos del 30% de los estudiantes más vulnerables de secundaria tienen acceso a un computador en el hogar para las tareas”
- Segundo CEPAL, “las diferencias en la conectividad entre la zona urbana y la rural son significativas. El 67% de los hogares urbanos está conectado a internet, en tanto que las zonas rurales solo lo está el 23% de ellos. En El Salvador más del 90% de los hogares rurales no cuentan con conexión a internet”
- Segundo Martxel (rapaz de El Salvador) as familias máis vulnerables afrontan a pandemia da seguinte maneira “no tiene dinero para comprar comida, muchas llevan más de una semana sin comprar alimentos y ya el agua ni me imagino, que es lo más importante”
- Leváronse a cabo dous faladoiros onde falaban rapaces e rapazas das zonas urbanas e das zonas rurales de Galicia. Por un lado, os rapaces e rapazas das zonas urbanas pasan o tempo mirando os dispositivos electrónicos (móbiles, ordenadores…) e os que viven da zona rural pasean en bicicleta, xogan fóra da casa, etc.
A pandemia deixa un planeta máis desigual
Ámbito sanitario:
Neste ámbito evidéncianse as necesidades sanitarias, segundo os datos obtidos, os países latinoamericanos contan coa metade de recursos que os europeos e están maiormente expostos ao virus. Isto é debido á pouca inversión que se fai na sanidade pública e ao PIB, son países que carecen de recursos para a poboación de a pé. Mentras que na Unión Europea faise unha maior inversión sanitaria, polo que contamos con máis medios e recursos para afrontar unha pandemia. A modo de exemplo, segundo a Coordinadora Galega de ONG, “En Honduras hai 0,7 camas de hospital por cada 1000 habitantes. Mientras que en España 3”.
En canto as diferenzas atopadas entre o rural e o urbano, no rural teñen os hospitales máis lonxe e teñen que desprazarse ás cidades ou pobos máis cercanos para mercar todo o necesario paara protexerse, mentres que na cidade teñen todo máis preto.
Ámbito socioeconómico:
Neste ámbito o principal problema é o pouco acceso ou ningún que teñen as persoas latinoamericanas á auga, e isto fai que non poidan adoptar as medidas sanitarias. Ademais, para comer teñen que saír traballar á rúa, viven en casas de láminas, en poblados pouco comunicados e por isto están máis expostos ao contaxio de Covid-19. Mentres en España temos máis posibilidades de traballar e estudar a distancia dende a comodidade dos nosos fogares.
Existe tamén unha brecha dixital importante, xa que teñen escaso acceso a internet (á sanidade electrónica, á eduación online, etc). Segundo CEPAL “La brecha de acceso (tecnológico) también profundiza las desigualdades”.
Unha das consecuencias da pandemia é a crise económica que se deixou ver máis nas cidades que no rural. Moitas das familias das cidades teñen que recorrer a axudas para poder alimentarse, mentres que no rural estbana abastecidos, debido a que teñen terrenos para autoabastecerse.
Ámbito educativo:
Neste ámbito o principal problema é o acceso á educación a distancia, pois en España por exemplo temos facilidades para esta educación e nos países latinoamericanos segundo os datos vistos non teñen acceso a internet, non teñen computadores, nin móbiles, polo que a pesar de querer estudar non poden, xa que lles é imposible. E isto debese de novo á pouca inversión que se fai en educación e á falta de recursos (materiais dixitais e materiais de estudo).
Os rapaces e rapazas do urbano teñen máis facilidade á hora de empregar as tecnoloxías, xa que contán con máis acceso a internet e máis velocidade para estudar virtualmente. Mentres que no rural carecen de tantas facilidades para conectarse a internet.
Ámbito familiar:
En canto a este ámbito os problemas que sobresaen son os seguintes: o toque de queda é casi imposible de respetar, xa que a xente ten que traballar igualmente; a xente ten que saír a rúa para gañarse o pan; non teñen conexión a internet na maioría dos fogares, nin acceso á tecnoloxía; non teñen recursos básicos, coma a auga ou os alimentos; as medidas de distanciamento scoial son mo idificiles de respetar, xa que son familias de moitas persoas que viven en sitios reducidos; a maioría das persoas non teñen acceso a materiais de protección coma mascarillas, guantes, xeles hidroalcholicos, etc.
Nas zonas rurales galegas apenas se notaron os efectos da pandemia, xa que as persoas seguían facendo a vida igual que antes (saíndo cos animais, disfrutando do aire libre, poñendo a máscara só para ir á cidade, etc). E no urbano teñen que estar nos pisos, os parques están pechados, e unha das poucas diversións coas que contan é a proporcionada polos dispositivos electrónicos.
Futuro desexado:
Que o lugar de nacemento non sexa un condicionante á hora de afrontar unha pandemia. Todos e todas temos os mesmos dereitos.
Os principais obstáculos para alcanzar ese futuro son os sistemas políticos febles, os sistemas sanitarios non planificados e principalmente pola economía irregular, que marcan a desigualdade entre os países centroamericanos e Europa.
Unindo persoas de diferentes lugares do mundo por mor da pandemia
Fixéronse uns Faladoiros vía online, de maneira alternativa pola nova situación que nos deixou o Covid-19. Estes faladoiros consistiron en conectar a persoas de diferentes países (Guatemala, Honduras, Brasil, República Dominicana, El Salvador e España), e tamén dentro de Galiza a persoas do rural e do urbano. Os faladoiros comezaron con entrevistas entre rapaces e rapazas, e estes tamén lles facían preguntas a persoas doutros países. Estas son algunhas das preguntas que se realizaron: Onde vives? Pobo ou cidade? Qué cambios notaches na túa vida a partir do Covid-19? Aí volveredes este ano a ter clases? Cres que se puido evitar a entrada do Covid-19 ao teu país? Principais dificultades atopadas a raíz da pandemia? Na Coruña que cousas mudaron? Qué cres que cambiou a pandemia no mundo? Entre outras.
Isto fixo posible que rapaces e rapazas e adultos estiveran conectados/as, e tiveran unha aprendizaxe mutua e enriquecedora.
Para levar a cabo esta dinámica creamos un espazo virtual (a través da ferramenta Zoom), e conectamos en 11 chamadas ás persoas dos distintos países e distintos lugares de Galiza.
Podes consultar os resultados dos faladoiros aquí: https://solidaridadgalicia.org/faladoiros-do-globo/