Construíndo unha sociedade + xusta

2019

ONG Mestura

ODS10 Reducion Desigualdades, ODS04 Educacion

A ONG Mestura é unha entidade que traballa pola integración social das persoas inmigrantes e emigrantes retornadas, con sede no Concello de Culleredo e actuando na Área Metropolitana de A Coruña. Podes ver mais na súa páxina web.

A diversidade nas aulas

A incorporación de estudantes de orixe migrante ao sistema educativo incrementouse notablemente nos últimos anos, pondo de manifesto a necesidade de adaptar a educación aos diversos contextos culturais.
O Equipo A é unha experiencia que busca a promoción de actitudes, condutas e cambios sociais que favorezan as relacións positivas entre o alumnado dos centros nos que intervén.

Como entende o alumnado a diversidade cultural ao seu arredor?

A través da realización de máis de 450 cuestionarios foron identificados prexuízos e estereotipos asociados ás persoas de procedencia estranxeira, o que indica a necesidade de traballar na prevención de actitudes discriminatorias e racistas.

Sensibilización cara á diversidade cultural

Leváronse a cabo dinámicas e obradoiros en distintos centros educativos de Galicia, perseguindo os seguintes obxectivos:
- Facilitar espazos de intercambio e comprensión de realidades culturais diversas
- Dotar ao profesorado de ferramentas e recursos didácticos que aborden a temática das migracións
- Realizar unha aproximación á realidade do fenómeno migratorio
- Favorecer accións que fomenten a integración e a inclusión de todas as persoas

PresentacionEncontro