Defendendo os dereitos democráticos en Nicaragua

2019

Factultade de Ciencias da Educación da USC

ODS03 Saude Benestar, ODS04 Educacion, ODS17 Alianzas

A colaboración entre o programa de Aprendizaxe - Servizo da USC e Solidariedade Internacional de Galicia permitiu ao alumnado de 3º de Educación Social achegarse á realidade nicaraguana dende un enfoque académico e de acción social

 

Fotografía de Jorge Mejía Peralta

A represión violenta da protesta

Nos últimos anos, Nicaragua está a experimentar unha serie de reformas impostas polo goberno, contra as que a sociedade civil e estudantil está a opoñerse.  Estas protestas foron reprimidas con moita violencia e o pobo nicaraguano sufre unha falta de servizos sanitarios, educativos e de alimentación. Este atentado contra os dereitos humanos provocou a aparición de figuras de liderado reivindicando cambios políticos no país.

As mobilizacións cidadás

A nivel social, percibimos varias cuestións no marco da defensa de dereitos humanos e o feminismo.

  • O descoñecemento social e a baixa visibilidade nos medios de comunicación sobre as protestas e a violencia en Nicaragua
  • Insuficiente apoio, por parte dos poderes públicos e da iniciativa cidadá, ante esta violación de dereitos humanos

Por outro lado, levamos a cabo dúas reflexións:

  • A unión das xentes de Nicaragua nas protestas entorno á violación dos seus dereitos, fronte á organización das protestas en España, que normalmente preséntase de maneira puntual e por colectivo afectado.
  • O  papel da liberdade de expresión, como ferramenta de educación á sociedade e de preserva da calidade de vida

Que podemos aportar dende aqui?

No contexto universitario no que está enmarcado este grupo, as iniciativas que promovemos foron as seguintes:

  • Difusión da realidade nicaraguana a través das redes sociais
  • Activistas nicaraguanas na universidade: tivemos a oportunidade de escoitar a experiencias de dúas activistas exiliadas da súa terra
  • Recollida de sinaturas: co obxectivo de presentar esta situación no Parlamento de Galicia, incitando á participación da Xunta de Galicia.
  • Mural participativo: instalación dun mural na universidade no que as persoas da facultade poidan expresar reaccións, opinións e iniciativas entorno á realidade.