Que é o Globo?

O GLOBO é unha ferramenta para a promoción da cidadanía global iniciativa da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia. O GLOBO alberga e impulsa iniciativas de transformación social compartidas coa sociedade a través dun encontro anual e máis deste espazo web que alberga entre outras ferramentas, as iniciativas. Saber máis

O encontro anual

O GLOBO conta cun encontro anual onde os centros de ensino, as ONGs e outras entidades, intercambian aprendizaxes, reflexionan e constrúen cidadanía global. Saber máis

Iniciativas Ver máis

DemocraZia con Z: Tecendo rede para a participación xuvenil en Galicia

Consejo de la Juventud de España

No marco de DemocraZia con Z, impulsamos en Galicia un proceso participativo entre entidades e mocidade para fortalecer a representación xuvenil, a incidencia política e a construc... Ler máis

Laboratorio de diálogo

La Sociocultural

Un espazo de escoita, conversa e pensamento compartido que ensaia outras formas de ler o presente, complexizar a experiencia e ampliar o mundo común.web | instagram Ler máis

Cambio climático: somos o problema e podemos ser a solución

IES Carlos Casares

Neste proxecto pretendemos coñecer de primeira man se o cambio climático é un mito ou non. Non nos conformamos co que podemos ler nos medios, iso pode ser unha pista. Queremos real... Ler máis

Cámera Café

CIFP Compostela

Esta experiencia  desenvolvémola ao longo de dous cursos académicos como alumnado do Ciclo Superior de Integración Social do CIFP Compostela. En 1º, traballamos a problem... Ler máis

As iniciativas de transformación social

Neste apartado documéntanse e compártense as iniciativas transformadoras que teñen tres fases. Ver proxectos

Luces

Prendemos a luz: partimos dunha motivación (persoal, grupal e social) que nos leva a querer afondar nela para mellorala.

Cámara

Aproximámonos á realidade descuberta. Analizámola e reflexionamos, de xeito crítico. Enfocámola ben. Como poderíamos cambiala?

Acción!

É o momento de actuar. Que está da nosa man? Como podemos levalo a cabo? Quen pode contribuír? Pensamos en axentes e persoas con poder e incidencia na sociedade.

Quen Somos Ver máis

Solidariedade Internacional Galicia

O Globo é un proxecto de Solidariedade Internacional de Galicia que nace co propósito de crear un espazo aberto e colaborativo no que persoas, colectivos, entidades ou centros educativos poidan dar visibilidade ás súas iniciativas de transformación social. A través deste proxecto fomentamos a participación activa da cidadanía e favorecemos encontros interxeracionais e intersectoriais. O Globo é, en esencia, unha xanela ao mundo onde compartir experiencias, conectar sensibilidades e inspirar o cambio social desde o local cara ao global.