Que é o Globo?

O GLOBO é unha ferramenta para a promoción da cidadanía global iniciativa da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia. O GLOBO alberga e impulsa iniciativas de transformación social compartidas coa sociedade a través dun encontro anual e máis deste espazo web que alberga entre outras ferramentas, as iniciativas. Saber máis

O encontro anual

O GLOBO conta cun encontro anual onde os centros de ensino, as ONGs e outras entidades, intercambian aprendizaxes, reflexionan e constrúen cidadanía global. Saber máis

Iniciativas Ver máis

Nós tamén contamos! A infancia ten a palabra

CEIP San Francisco Javier

Esta microexperiencia parte da necesidade de nenos e nenas de 1º de primaria de ser escoitadas e escoitados en relación a diferentes problemáticas do mundo que lles rodea. Creamos... Ler máis

Voga-Voga, pola redución dos residuos plásticos

Asociación MISELA

Buscamos minimizar a presenza de residuos no mar, mediante a recollida dos mesmos, seleccionando os plásticos ós que é viable darlle unha segunda vida para crear novos produtos a t... Ler máis

Protexendo vidas nos campamentos saharauís. Protección Civil en acción

Asociación Integral de Rescate en Emergencias (AIRE)

Dotamos do servizo de Protección Civil aos campamentos saharauís para garantir atención en situacións de emerxencia, fortalecendo a seguridade e a dignidade dunha poboación refuxia... Ler máis

Bosque comestibel

CEIP nº 1 de Melide

O Bosque Comestibel é o resultado dun proxecto solidario e colaborativo realizado polo alumnado do CEIP Nº 1 de Melide en colaboración con outras entidades, que consistiu na creaci... Ler máis

As iniciativas de transformación social

Neste apartado documéntanse e compártense as iniciativas transformadoras que teñen tres fases. Ver proxectos

Luces

Prendemos a luz: partimos dunha motivación (persoal, grupal e social) que nos leva a querer afondar nela para mellorala.

Cámara

Aproximámonos á realidade descuberta. Analizámola e reflexionamos, de xeito crítico. Enfocámola ben. Como poderíamos cambiala?

Acción!

É o momento de actuar. Que está da nosa man? Como podemos levalo a cabo? Quen pode contribuír? Pensamos en axentes e persoas con poder e incidencia na sociedade.

Quen Somos Ver máis

Solidariedade Internacional Galicia

O Globo é un proxecto de Solidariedade Internacional de Galicia que nace co propósito de crear un espazo aberto e colaborativo no que persoas, colectivos, entidades ou centros educativos poidan dar visibilidade ás súas iniciativas de transformación social. A través deste proxecto fomentamos a participación activa da cidadanía e favorecemos encontros interxeracionais e intersectoriais. O Globo é, en esencia, unha xanela ao mundo onde compartir experiencias, conectar sensibilidades e inspirar o cambio social desde o local cara ao global.