Protexendo vidas nos campamentos saharauís. Protección Civil en acción

2025

Asociación Integral de Rescate en Emergencias (AIRE)

ODS03 Saude Benestar, ODS11 Cidades Comunidades Sostibles

Dotamos do servizo de Protección Civil aos campamentos saharauís para garantir atención en situacións de emerxencia, fortalecendo a seguridade e a dignidade dunha poboación refuxiada esquecida.

Instagram AIRE | Facebook AIRE | Web | e-mail 
Instagram Protección Civil Saharauí | Facebook Protección Civil Saharauí 

Emerxencias sen resposta nos campamentos saharauís

173.000 persoas viven en campamentos saharauís no deserto de Tinduf sen un servizo de protección civil. Segundo datos da ACNUR (2018), a poboación vive en condicións extremas: altas temperaturas, infraestruturas precarias e riscos constantes de incendios, accidentes ou inundacións. O goberno da RASD non conta con recursos para crear este servizo e a falta de resposta rápida ante emerxencias supón perdas materiais e humanas. A cooperación internacional é esencial para cubrir esta carencia estrutural histórica.

Luz en el desierto: temporalidad o asentamiento de los campamentos saharauis La vida en los campamentos de refugiados saharauis Refugiados saharauis: 45 años viviendo en campamentos de Argelia Intensas lluvias cusan severos daños en los campamentos de refugiados saharauis

Resistir sen protección: é xusto vivir así?

Nos campamentos saharauís miles de persoas refuxiadas viven nun espazo permanente de emerxencia, mais sen acceso a un servizo básico como é a protección civil, non hai equipos formados, nin medios, nin infraestruturas para responder a situacións que poden custar vidas. Este déficit relega a poboación a unha situación de risco constante, agravada polo cambio climático, a precariedade material, o exilio forzado e o esquecemento político.

As causas desta realidade son múltiples, a inacción prolongada da comunidade internacional, o bloqueo do referendo de autodeterminación, a dependencia da axuda humanitaria, a falta de vontade política para garantir dereitos no marco dun conflito “esquecido” etc. 

A posta en marcha da protección Civil saharaui, non é só unha acción técnica é un acto de xustiza social, de recoñecemento e de empoderamento da poboación local. Significa recoñecer que a protección das vidas saharauís importa, que merecen seguridade, formación, medios e dignidade. A cooperación transformadora, como a proposta por nós, non substitúe estados, senón que restitúe dereitos.

Activamos A Protección Civil nos campamentos saharauís

Desde 2023, a ONG AIRE puxo en marcha dous parques de bombeiros e está a preparar a apertura dun terceiro. Durante este proceso, os parques de Rabuni e Auserd foron renovados e equipados cos materiais necesarios, o persoal (máis de 20 bombeiros) foi seleccionado e formado en primeiros auxilios, prevención e resposta a incendios. Tamén cubrimos o pago dos seus salarios.

Ademáis se estableceron protocolos de resposta e implementamos un sistema de rexistro e avaliación das actuacións. Outra parte importante do proxecto é a formación da sociedade en prevención de incendios e accidentes, e para iso, realizamos sesións formativas nas escolas, barrios, na televisión e nas redes sociais.

Impulsouse a corresponsabilidade institucional co cofinanciamento parcial dos salarios por parte do goberno da RASD, e co pago da gasolina e da comida dos parques.  Dende AIRE traballamos na xestión de fondos e alianzas para garantir a  continuidade do proxecto, en parte financiado pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, co apoio do Ministerio do Interior Saharauí. A Protección Civil Saharaui non só salva vidas, senón que tamén empodera a mocidade, promove os dereitos e fortalece a esperanza dun pobo con décadas de resistencia.

Dossier fotográfico Vídeo: La Protección Civil Saharaui