Enraizadas: Un proxecto ecofeminista

Recoñecer ás que sosteñen o rural: un reto pendente
O Plan de desenvolvemento da Asociación Euroeume ata o ano 2022 centrábase no desenvolvemento socioeconómico do territorio. A necesidade de visibilizar e poñer en valor as estratexias de sostemento da vida que se levan a cabo no rural e o papel das mulleres neste proceso, vénse detectando no traballo diario da asociación Euroeume desde os inicios, realizándose diversos proxectos nesta liña dunha maneira puntual, pero no equipo de traballo percibíase a necesidade de reorganizar as liñas de traballo para desenvolver proxectos máis interrelacionados e orientados á parte social.
Os contactos constantes con persoas, entidades e administracións da comarca foron os que permitiron coñecer e analizar as necesidades e prioridades para deliñar o proxecto. Posteriormente a partires das entrevistas e traballos realizados coas persoas participantes nas primeiras dúas edicións de Enraizadas, o persoal técnico dos concellos, e cos centros escolares comezamos a detectar as necesidades que serviron como base para orientar as actuacións a realizar nos anos seguintes en cada unha destas liñas de traballo, tanto no referente ao proxecto Enraizadas como no resto dos proxectos de Euroeume.
EuroEume organiza as Conversas Enraizadas, un ciclo de faladoiros ecofeministas Conclusións conversas enraizadasAs mulleres do rural: invisibles, pero imprescindibles
Unha vez coñecidas as necesidades a través das conclusións das persoas participantes, trazáronse as liñas de traballo da asociación para tratar de incidir nas problemáticas sinaladas a través dos diferentes programas que desenvolve a asociación:
- Na liña de Soberanía Alimentaria, buscar a maneira de visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres na produción e comercialización agroalimentaria, promover prácticas de soberanía alimentaria de proximidade, etc
- Na liña de Custodia do territorio, a través do fomento da custodia dos espazos naturais da comarca e da organización de actividades para dar a coñecer á poboación local todos os valores culturais, patrimoniais e ambientais da comarca.
- Na liña dos Coidados e comunidade, creando encontros participativos e redes con outras asociacións da comarca, impulsando accións de educación en igualdade e de conciliación, visibilizando o papel das mulleres no seu rol de coidadoras e tratando de impulsar a corresponsabilidade e a colectivización dos coidados
Áreas de traballo EuroEumeVisibilizar para transformar: accións dende o rural
Con estas liñas de traballo, comezamos a traballar para dar resposta ás demandas recibidas, tanto a través do proxecto Enraizadas, como no resto de programas:
- Na liña de Soberanía Alimentaria:
Fixemos actividades en Enraizadas co proxecto escolar, para dotar de referentes femininas ás crianzas do rural, cunha exposición centrada nesta temática que circulase por todo o territorio e coa creación dun premio de investigación anual que fomente a investigación nestas áreas. Nos outros programas, promovemos hortos e composteiros escolares en 4 centros, promovendo a rede de ecocomedores e con actividades con maiores para divulgar saberes populares.
-Na liña de Custodia do territorio:
Organizáronse as Xornadas Enraizadas centradas nesta temática e, no resto de programas, colaboramos con entidades como Betula para divulgar o patrimonio cultural e natural da comarca.
- Na liña dos Coidados e comunidade:
En Enraizadas desenvolvemos obradoiros para fomentar o coidado das persoas que traballan nas entidades. No resto de programas creamos encontros participativos e redes con outras asociacións da comarca, impulsando accións de educación en igualdade e de conciliación, creando tamén un programa orientado a coidar a quen coida.