As desigualdades de xénero

2019

IES Elviña

ODS05 Igualdade Xenero

O alumnado de 2º da ESO quixemos que as micro-experiencias de transformación social xiraran entorno ás desigualdade de xénero que seguen existindo hoxe en día na nosa sociedade

As distintas manifestacións das desigualdades de xénero

As temáticas centrais sobre as que puxemos o foco, en relación ás desigualdades de xénero, foron as seguintes:

- Distribución das tarefas domésticas

- O traballo remunerado

- A procura de relacións

- As relacións de parella

- O acoso

- As expectativas cara á infancia (o entorno tratando distinto aos nenos e ás nenas)

Enfocamos o problema nos distintos ámbitos

Aínda que parece haber unha certa conciencia social sobre a desigualdade que existe nas temáticas analizadas, aínda observamos algunhas cuestións que nos chamaron a atención, como por exemplo: 

1. Sobre o reparto das tarefas domésticas, a nosa reflexión xirou entorno a que as mulleres ocúpanse preferentemente de tarefas relacionadas coa cociña, limpeza e acompañamento e coidado das crianzas, mentres que os homes se ocupan das pequenas reparacións domésticas.

2. Hai máis homes ca mulleres desenvolvendo un traballo remunerado. As mulleres teñen máis dificultades para atopalo e se sitúan en traballos peor pagados ca os dos homes.

3. Cando estamos a buscar unha relación de parella, os homes céntranse máis no físico e as mulleres aprecian tamén outras calidades como a personalidade. Unha certa cantidade de relacións previas é peor vista nas mulleres ca nos homes.

4. Os homes son máis reacios a dar mostras de cariño, especialmente en público.

5. Actitudes como miradas continuadas, comentarios e preguntas acerca do corpo e da sexualidade, e contactos físicos non desexados, non sempre son considerados acoso. Os menores adoitan reaccionar dun xeito menos decidido ca os adultos cando perciben acoso.

6. En xeral, os nenos aspiran a desempeñar nun futuro profesións tradicionalmente asignadas aos homes, mentres que as nenas dan unhas respostas moito máis variadas.