O acceso á auga potable
Decidimos aprender sobre o uso que fan as persoas a nosa vila da auga que consumen, e nos preguntamos que cousas poderíamos facer para que o acceso e o consumo de auga sexan máis sostibles
Que tipo de auga bebe a xente da nosa vila?
Para coñecer a información sobre as augas en Carballo, elaboramos unha enquisa dirixida a veciños e veciñas da zona. O obxectivo que nos propuxemos foi saber cantas persoas beben auga da billa, da fonte ou embotellada, e os seus motivos, así como comprobar canto saben sobre o tema do acceso á auga potable no noso territorio.
Cónstanos que cada vez hai menos fontes públicas de auga potable e que cada vez aumenta máis o volume de persoas que beben auga embotellada. O acceso á auga se entende cada vez máis como negocio, e a venta de auga embotellada está en aumento.
Preocúpanos o feito de que, aínda que agora non teñamos un problema real no noso territorio con respecto ao acceso á auga, é posible que nun futuro o poidamos ter, xa que está a pasar noutros países por todo o mundo.
A auga é un dereito ou un ben de consumo?
A información recollida a través do cuestionario, que despois analizamos, indica que a maioría da xente da bisbarra accede á auga potable dunha forma pública, que é distribuída a cargo de impostos e que a veciñanza pode pagala. Outra parte da poboación de Carballo ten acceso de balde á auga. Por último, as persoas que beben auga embotellada é porque deciden facelo como opción persoal.
Observamos, mediante traballo de campo, que cada vez hai máis carteis indicando nas fontes que a auga non é potable, o que pode ter relación con que cada vez máis e máis xente compra auga embotellada na nosa vila. Sen embargo, reflexionamos en grupo e consideramos que a auga é un recurso esencial, e se chega a subir moito de prezo haberá xente que terá problemas para ter acceso a ela, como xa pasa noutros sitios.
As nosas achegas
En primeiro lugar, fíxose unha exposición para informar e sensibilizar ao resto do CEIP Isidro Parga Pondal sobre o perigo que supón que a auga termine sendo un produto de consumo caro. Na exposición móstranse gráficas sobre os usos da auga, do coñecemento que a xente ten sobre a xestión da auga, e fotos de fontes e lavadoiros públicos de Carballo. Toda esta información está elaborada a través das respostas ao cuestionario.
En segundo lugar, eliximos as fontes que estaban peor conservadas para limpalas. Con esta acción pretendíase que as persoas se sentisen convidadas a facer uso das fontes públicas con auga potable, revertendo a compra de auga embotellada.
En terceiro lugar, nos puxemos en contacto Concello de Carballo para pedir unha listaxe das fontes públicas catalogadas e ter coñecemento dos recursos da vila.
Por último, estamos debatendo a posibilidade de facer un escrito para pedir sinaturas e presentar na dirección do centro para instalar unha fonte de auga potable no patio.