A micro-experiencia que cambiou unha Lei

1971

Alumnado Universidade Senior UDC

ODS16 Paz, Xustiza e Institucions, ODS03 Saude Benestar, ODS05 Igualdade Xenero

Armand de Fluvià e Francesc Francin, xunto con outros compañeiros, impulsaron en España a loita organizada contra a Lei de Perigosidade e Rehabilitación Social así como contra a homofobia social do franquismo, a través da creación do Movemento Español de Liberación Homosexual (MELH) mediante o cal redactaron e presentaron nas Cortes un manifesto para a súa derrogación.

A foto é Manifestantes por la liberación gay el 26 de junio de 1977 en La Rambla COLITA. https://elpais.com/ccaa/2017/06/28/catalunya/1498647028_431114.html

E-mail: udc.senior@udc.es  / Facebook: @universidade.senior.coruna / Twitter: @UDC_senior

Ata 5 anos de cárcere por ser homosexual ou transexual

En xaneiro de 1970 exponse nas Cortes españolas un proxecto de lei denominado “Perigo e Rehabilitación Social”. A que ía ser unha lei de carácter preventivo do delito, propúxose como substitución e modernización da denominada Lei de Vagos e Maleantes de 1933, modificada no ano 1954 para incluír a figura dos homosexuais como suxeitos potencialmente perigosos para a sociedade e o “ben común”. 

Este proxecto de lei, que incluía outras figuras como “prostitutas, pornógrafos e proxenetas”, foi redactado polo maxistrado xuíz do Tribunal de Vagos e Maleantes de Cataluña e Baleares, Antonio Sabater Tomás, e debatido durante os meses de xuño e xullo por, entre outros, a fundadora da Sección Feminina de Falanxe, Pilar Primo de Rivera. 

As disputas mantidas durante aquelas sesións da Comisión de Xustiza determinaron a linguaxe específica sobre o que despois se basearían as denuncias e condenas de miles de persoas.

Esta lei, derrogada completamente en 1995, implicaba multas e mesmo o internamento en prisións e centros psiquiátricos (a Cádiz ían os "homosexuais de nacemento" e a Huelva, os "homosexuais permisivos"), onde os individuos eran rehabilitados mediante terapias de aversión.

Algunhas das medidas que esta lei permitía aplicar eran as seguintes:

a) Internado nun establecemento de traballo ou colonia agrícola. Os homosexuais sometidos a esta medida de seguridade deberán ser internados en institucións especiais, e en todo caso, con absoluta separación dos demais. 

b) Prohibición de residir en determinado lugar ou territorio e obrigación de declarar o seu domicilio. 

c) Submisión á “vixilancia dos delegados", dicía a lei.

A lei tamén establecía penas que ían desde multas ata penas de cinco anos de internamento en cárceres ou centros psiquiátricos para a «rehabilitación» dos individuos.

Con esta lei, que permitía aplicar condenas de ata 5 anos de cárcere, arredor de 5.000 persoas foron detidas por actos ou actitudes gais, lésbicas ou transexuais durante o franquismo, segundo o reconto de Antoni Ruiz, presidente da Asociación de Ex Presos Sociais.

Pero este número é só unha estimación xa que os historiais está dispersos polas diferentes cárceres. En moitos casos, algunhas persoas non foron levadas a prisión pois se lle aplicou outro tipo de condena, e noutros casos a condena, en vez de homosexualidade, alegaba outros delitos como prostitución, pederastia ou proxenetismo (segundo indica o xornalista Arturo Arnalte).

Fontes

De cando ser homosexual ou transexual non era un dereito

A construción do sistema teórico de identificación e exclusión do homosexual como suxeito perigoso, nace nos estudos criminolóxicos do tránsito do século XIX ao XX.

A Lei de Perigosidade e Rehabilitación Social, era unha Lei que Reprimía, Criminalizaba e Condenaba a liberdade afectiva e sexual do individuo e que penaliza ás persoas homosexuais polo simple feito de selo, posto que o dereito de amar libremente aínda non existía como tal.

Por encima das diferenzas dos sucesivos marcos normativos, a homosexualidade foi considerada paradigma de perigo, e como tal foi definida, etiquetada e excluída. 

A exclusión dun colectivo cuxa único perigo radicaba no feito de entender a autonomía sexual de modo distinto aos estereotipos hexemónicos en cada caso. Os mecanismos de disciplina e control revestíronse con roupaxes xurídico-penais, pero a definición do seu argumento nuclear -o perigo- e a implementación do sistema sancionador -as medidas de seguridade- asentáronse sempre en principios incompatibles cos que caracterizan ao dereito penal democrático.

Só por se homosexuais ou transexuais eran sometidos a insultos, chamábanlles pederastas, invertidos, violetas, dexenerados, enfermos ou desviados.

O lema que seguía era: CASTIGAR OU 'CURAR'

"Amparados pola lei, aplicábanos electrochoques e inxeccións e sometíanos a longas sesións de terapia con curas e psiquiatras"

Nese marco, a homosexualidade non era considerada como unha opción persoal en materia sexual ou afectiva, senón como un acto perigoso e precipitado que implicaba degradación física, psíquica, moral e política que, segundo o discurso oficial da posguerra. Desde esa perspectiva abordouse a tarefa non de coñecer a homosexualidade, como dato ontolóxico, senón de connotala negativamente e de estigmatizala.

O estigma moral non procedía só do integrismo político ou relixioso senón que os programas de educación do corpo e da saúde propios da época encargábanse de transmitir este concepto a da homosexualidade e da transexualidade.

A construción do homosexual incorporaba outro elemento: á súa condición de pervertido e/ou anormal e á súa aberrante integración no “sexo débil” ao que había que engadir a descualificación polo substrato político no que nace e crece (non recibía o mesmo trato o homosexual de clase social alta que o de clase baixa).

Fonte:

https://www.publico.es/tremending/2017/06/29/orgullo-gay-un-gay-es-una-persona-tarada-las-frases-de-dirigentes-del-pp-que-no-son-motivo-de-orgullo/

A protesta que modificou a Lei de Perigosidade Social

Armand de Fluviá e Francesc Francino xunto con varias persoas, redactan un manifesto con argumentos médico-xurídicos que mellore ou derrogue a Lei de Perigo Social

O manifesto envíase a Procuradores en Cortes e Medios de comunicación escrita.

A protesta chega a un editorial que cualifica o anteproxecto de desorbitado. No debate do anteproxecto conséguese "suavizar" a Lei, …só castigará a aqueles homosexuais que " probadamente realicen máis dun acto de homosexualidade". 

Este feito pode considerarse como a primeira vitoria do incipiente movemento Gai español.

O RESTO, xa é historia…

___________________________

1970: en España o 5 de agosto aprobouse a Lei sobre perigo e rehabilitación social que establecía penas de 5 anos de prisión ou internamento psiquiátrico para os homosexuais. Esta lei provén da antiga lei da 2ª República sobre “Vagos e Maleantes”.

1970: Mir Bellgai e Roger de Gaimon, pseudónimos de Francesc Francino e Armand de Fluvià, crearon clandestinamente en Barcelona, o Movemento Español de Liberación Homosexual ( MELH), a primeira asociación de defensa dos dereitos dos homosexuais en España.

1972: o Movemento Español de Liberación Homosexual comeza a edición de Aghois (Agrupación Homosexual para a Igualdade Sexual), a primeira revista LGBT de España.

1975: o Front d’ Alliberament Gai de Catalunya ( FAGC) unha das primeiras organizacións LGBT que loita contra a represión e os dereitos do colectivo desde a clandestinidade.

1977: 26 de xuño: primeira manifestación en Barcelona para a celebración do Día do Orgullo Gai.

1978: a bandeira #arco# da vella empezou a usarse como símbolo do orgullo gai.

1978: manifestación o 25 de xullo nas Ramblas de Barcelona en contra da represión por parte das autoridades aos homosexuais e transexuais capitaneada polo travesti Ocaña que acabou detido pola Garda Civil por escándalo público.

1979: España despenalizó as prácticas homosexuais.

1979: En xuño edítase o primeiro número da revista Infogai en Barcelona.

1980: Legalización do Front d’ Alliberament Gai de Catalunya ( FAGC).

1983: en España modificouse a lei de escándalo público, utilizada durante o franquismo para perseguir aos homosexuais, para que non poida volver interpretarse nese sentido.

1983: Derrogación Parcial da Lei de Perigo e Rehabilitación Social.

1985: Inaugúrase oficialmente o Día Internacional do Orgullo LGBT

1990: o 17 de maio a Organización Mundial da Saúde eliminou a homosexualidade da lista de enfermidades mentais, CIE-10.

1991: o lazo vermello empezou a ser usado como símbolo da campaña contra a sida.

1991: Asasinato á transexual Sonia Rescalvo Zafraen o Parque da Ciutadella (Barcelona) por un grupo de neonazis.

1992:creouse en España a Federación Estatal de Gais e Lesbianas, máis tarde Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais ( FELGTB)

1995: Derrogación Total da lei de Perigo e Rehabilitación Social.

1998: Recoñecemento das unións homosexuais a través da unión civil ( Llei 10/1998, 15 de xullo Llei d' Unions Estables de Parella) en Cataluña.

2005: o 18 de xuño o Foro Español da Familia convoca en Madrid unha manifestación pedindo que se retire o proxecto de lei que autorizaría o matrimonio homosexual en España

2005: o 2 de xullo publicouse a Lei 13/2005 que permite o matrimonio homosexual en España, converténdose no terceiro país do mundo que o legaliza.

2007: Lei 3/2007, do 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas

2011: o 21 de marzo inaugurouse en Barcelona o Monumento en memoria dos gais, lesbianas e persoas transexuais represaliadas ao longo da historia, situado no parque da Cidadela.

2012: o 6 de novembro, o Tribunal Constitucional de España desestimou o recurso de inconstitucionalidade exposto polo Partido Popular contra a reforma do Código Civil que permitía os matrimonios homosexuais, nunha votación de 8 contra 3.

2013: o 5 de outubro morre Juan Andrés Benítez nunha actuación policial no Raval.

2014: Lei 2/2014, do 8 de xullo, integral para a non discriminación por motivos de identidade de xénero e recoñecemento dos dereitos das persoas transexuais de Andalucía.

2015: Lei 12/2015, do 8 de abril, de igualdade social de lesbianas, gais, bisexuais, transexuais, transgénero e intersexuales e de políticas públicas contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero na Comunidade Autónoma de Estremadura.

2015: o diario 9 Nou publica unha carta homófoba, autoría de Narcís Suriñach Bach, con relación á paternidade do presentador de TV3 Toni Cruanyes.

2015: O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ( TJUE) ditamina a prohibición de doar sangue aos homes que tiveron relacións sexuais con outros homes.

Fontes