Á busca dos alicerces da igualdade de xénero
A través de diferentes dinámicas fomentamos o desenvolvemento da conciencia en torno a igualdade de xénero, relacionadas con conceptos básicos, os diferentes roles de xénero, traballo e xénero, estereotipos e prexuizos.
A nosa entidade realiza actividades de igualdade de maneira transversal nos diferentes proxectos que desenvolve.
http://diversidades.org/blog/category/igualdade/
E-mail: info@diversidades.org
Falta de conciencia sobre a igualdade de xénero nas persoas máis novas
A partir dunha avaliación inicial sobre a existencia de estereotipos e prexuízos por razón de xénero puidemos coñecer:
- Existencia de conductas machistas nos/as adolescentes da entidade
- A maioría non diferencia entre sexo e xénero
- Existencia de estereotipos por razón de xénero (Exemplo: as mulleres son máis débiles ou os homes non choran)
- Existencia de prexuízos por razón de xénero nalgún dos alumnos/as
- Algúns xóvenes cando se lles preguntaba sobre a igualdade de xénero respostaban con comentarios que moralmente se consideran como positivos, mais na práctica, as súas actitudes son contrarias. Polo tanto, existe unha aparente contradicción, xa que respostan co que se considera como desexado
- Necesidade de modificar certas conductas de xeito reactivo, así como preventivo para que non cheguen a producirse nun futuro
- Algúns dos alumnos e alumnas, cando se lles preguntaba por cuestións relacionadas coa orientación sexual, facían apreciar a existencia de estereotipos (Exemplo: se educas a un neno con bonecas vai saír gay)
- Moitos dos alumnos e alumnas non entenden que en determinadas situacións se produza violencia de xénero, posto que non entenden máis aló da violencia física
Fontes:
Canet, E. (2015). Programa de prevención de la violencia de género en educación secundaria: materiales docentes. Colegio de trabajo social de Valencia.
Recio, P., Cuadrado, I. & Ramos, E. (2007). Propiedades psicométricas de la Escala de Detección de Sexismo en Adolescentes (DSA). Psicothema, 19, pp. 522-528.
AnexoFotograficoRealmente os mozos e mozas senten que son iguais?
Realizando unha análise exhaustiva das características do alumnado ao que diriximos as nosas accións formativas en materia de igualdade, percatámonos do seguinte:
- No que atinxe aos estereotipos de xénero a meirande parte do alumnado considera que as mulleres son máis sensibles, atentas e pacientes.
- Respecto aos piropos pola rúa, algúns/as contémplano como un aspecto positivo, non distinguindo a agresión verbal á que estamos sometidas.
- Asemade, non recoñecen algúns actos como machistas, senón que creen que se producen por amor.
- Gran parte consideran que cando un home agrede a unha muller é porque teñen problemas co alcol ou ben porque “están tolos”.
- A maioría considera que violencia de xénero tamén é que unha moza pegue a un mozo.
Despois do traballo realizado observamos que existe máis coñecemento sobre esta problemática, así como que debemos continuar abordando esta temática de xeito transversal ao longo do curso.
Eslogan e frases contra a violencia de xénero
Realizouse unha presentación de eslogan e frases en contra da violencia de xénero, co obxeto de sensibilizar ás persoas que a diario acoden á entidade. Na presentación poden observarse diversas frases que tratan de reflectir a necesidade de educar na igualdade de xénero, promovendo unha cultura de paz e non violencia.
Asemade, tamén se realizaron pósters co obxectivo de sensibilizar á poboación, para situalos en lugares estratéxicos do noso centro.
Para realizar a presentación das frases, empregamos pinturas de cristal e cristal da entidade. A exposición realizouse o día 25N, mais segue presente, xa que pretende chegar a un público máis numeroso. Así mesmo, empregouse unha aplicación tecnolóxica para a creación de pósters ou carteis para a concienciación en torno a esta gran lacra social.