Conectando o rural: as persoas maiores fronte a fenda dixital

2026

Asociación de Veciños A Rabeda

ODS10 Reducion Desigualdades

A Asociación de Veciños A Rabeda (Taboadela, Ourense) impulsa desde hai máis de unha década formación dixital para persoas maiores do rural, favorecendo a autonomía, a inclusión e o acceso a aplicación e servizos dixitais básicos. 

web | instagram | facebook

A exclusión dixital tamén é una forma de desigualdade

A dixitalización avanzou rapidamente nos últimos anos, mais esta evolución está a crear novas desigualdades. No rural, as persoas maiores atopan máis dificultades para empregar internet, os teléfonos móbiles ou servizos dixitais básicos. Isto afecta a cuestións cotiás como pedir unha cita médica, facer trámites administrativos ou simplemente comunicarse coa familia a través de Whatsapp.

Segundo datos do INE, o uso frecuente de internet diminúe notablemente a partir dos 65 anos. Ademais, varios estudos sinalan que a situación empeora nas zonas rurais, onde só o 32% das persoas maiores de 65 anos empregan internet de maneira habitual, fronte ao 87% das zonas urbanas, e onde apenas o 30% dos maiores recibiron algún tipo de formación dixital.

En Galicia, esta realidade está particularmente ligada ao envellecemento da poboación e a dispersión territorial. A redución de servizos presenciais e a crecente dependencia das plataformas e trámites dixitais aumenta o risco de exclusión social e a perda de autonomía de moitas persoas maiores.

Encuesta sobre equipamiento y uso de tecnologías de información y comunicación en los hogares. INE, 2026 Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales. (2022, octubre 1). Día Internacional de las Personas Mayores: FADEMUR combate la brecha digital con cursos para mujeres rurales mayores Crónica de un envejecimiento anunciado: Galicia 2015-2030. Aldrey Vázquez, J. A. (2015).

Tecnoloxía, autonomía e comunidade no medio rural

A fenda dixital non é unicamente un problema de competencias técnicas, si non tamén un problema social. Non saber empregar ferramentas dixitais pode limitar o acceso a dereitos básicos e aumentar a dependencia de outras persoas. No rural, esta situación intensifícase pola falta de recursos e formación. 

Son moitas as persoas maiores que se enfrontan diariamente a tarefas que antes eran presenciais e agora requiren coñecementos dixitais: pedir unha cita médica, facer unha xestión bancaria ou comunicarse coa administración. Isto pode xerar frustración, inseguridade, illamento e dificultades para acceder a servizos esenciais. 

Fronte a esta realidade, as iniciativas de formación e aprendizaxe comunitaria aparecen como unha ferramenta útil para reducir barreiras. Os espazos formativos accesibles e adaptados as necesidades das persoas maiores permiten perder o medo a tecnoloxía e adquirir competencias útiles para a vida diaria. Ademais, estas actividades favorecen a participación social e fortalecen os vínculos comunitarios. 

La brecha digital y las relaciones digitales entre la ciudadanía. Fernández de Casadevante Mayordomo, P., & Jiménez Sánchez, Á. (2023)

Formación dixital para un rural máis inclusivo

Desde 2013, a Asociación de Veciños A Rabeda, no concello de Taboadela (Ourense), impulsa puntualmente, entre outras formacións, cursos de informática básica e de manexo do teléfono móbil orientados principalmente á veciñanza de máis idade. A formacións céntranse en cuestións prácticas do día a día: enviar mensaxes, facer fotografías, buscar información en internet ou  realizar trámites dixitais. 

O proxecto busca reducir o medo a tecnoloxía e facilitar a autonomía das persoas participantes nun contexto cada vez máis dixitalizado, respondendo ás necesidades reais das persoas maiores do rural e adaptando os contidos ao seu ritmo e experiencia previa. 

Existe ademais a vontade de recuperar e ampliar un proxecto de formación permanente no ámbito rural iniciado en 2019 e interrompido pola pandemia da COVID que, ademais dos cursos en competencias dixitais, abranga outras temáticas de interese para a veciñanza (entre elas o uso da IA), contribuíndo así a xeración de espazos de aprendizaxe que promovan un rural máis participativo, inclusivo e conectado. 

Cartaz curso formación continua 2019 Cartaz curso destrezas dixitais 2026 Dossier fotográfico