Implicades contra o xenocidio en Palestina

2025

BDS Galiza

ODS05 Igualdade Xenero, ODS16 Paz, Xustiza e Institucions, ODS17 Alianzas

Colectivo da sociedade galega dende 2010, inspirado no movemento anti- apartheid sudafricano, preocupado polos dereitos humanos e a actual campaña de limpeza étnica que o Estado sionista de Israel está a perpetrar.

Instagram | Facebook | Grupo Telegram | Web

Ante o xenocidio impune de Israel e a pasividade internacional.

O dereito internacional é claro: o comercio que apoia as violacións de Israel é ilegal e implica complicidade cos crimes como o apartheid e a ocupación, cualificados de ilegais pola Corte Internacional de Xustiza. Cancelar acordos comerciais con Israel, como reclaman expertos da ONU, é unha obrigación legal.
O Estado español e a Xunta de Galiza manteñen relacións diplomáticas e ou comerciais con Israel mentres Gaza sofre.

O 40% dos dátiles israelís veñen de colonias ilegais onde se explota á poboación palestina, incluídas crianzas. Supermercados como Gadis venden produtos israelís, sendo cómplices de ocupación. Carrefour é cómplice do réxime israelí de ocupación debido a un acordo comercial coa empresa Electra Consumer Products e as tendas da subsidiaria Yenot Bitan. A franquía israelí de McDonald's apoia ó exército, o que motivou boicots internacionais.

 Unhas 18 universidades españolas, incluída a USC, manteñen convenios millonarios con institucións israelís, e as cidades galegas compran material policial a Israel.

En 2024, o movemento de solidariedade con Palestina foi o máis perseguido.

Criterios de complicidade empresarial A Xunta xustifica a súa reunión co representante de Israel no Estado: "Reunímonos con todos" La USC, entre las universidades que colaboran con Israel Diagnóstico del derecho a la protesta 2024 Dossier informativo da campaña BDS Galiza

E ti vas a ser cómplice ...mirarás para outro lado?

A preocupación pola situación medra, urxindo a busca de solucións:
Debatimos as ideas en grupos de traballo nas redes, nas Asambleas, de onde saen as propostas de acción e de materiais  a difundir como “Espazo libe de Apartheid israelí”.
Tomáronse decisións de accións como BDS Galiza ou BDS local como BDS Compostela  e outras, para mobilizacións  creando rede con outras organizacións e colectivos como Solidariedade Obreira, Tamborililás batukada transfeminista, Mocidade Pola Independencia….
Coordináronse propostas coa Rede Galega por Palestina para a celebración de eventos como o Día da Nakba ( 15 de maio).
Tramitáronse permisos con Compostela por Palestina para as accións e a faixas  en lugares públicos como na Alameda:  “Palestina libre”.

Estas expereiencias fannos ver que os obxectivos de desinversión e exclusión son indispensables como parte das ferramentas contra as empresas cómplices.

Para poñer fin a esta inacción pedimos un boicot académico ás institucións académicas israelís cómplices. Por que a USC e outras universidades non se negan a normalizar a opresión?

Novas BDS Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024 Infografía: Ante o xenocidio en Palestina, como axudar?

Sensibilización, Información, Acción , Traballo en Rede pro Palestina

Para crear conciencia realizamos Asambleas, Palestras, Xornadas.
Campañas de promoción do Boicote: Pedimos a supermercados como Gadis que deixen de vender produtos israelís como dátiles, hummus ou pipas. Ademais, Boicote a Carrefour, polas súas doazóns ao exército de Israel.
Denunciase a complicidade de empresas como McDonald's, Coca-Cola, Burger King, Papa John's, Pizza Hut, Domino's ou WIX co apartheid israelí.
Solicitamos as institucións, Concellos, Universidades, Xunta desinvestimentos con marcas cómplices como Hewlett Packard, Siemens, AXA...e cese das colaboracións con Institucións israelís.
Tamén reclámase que o festivais galegos como @resurrectionfest, @osondocamino, @morrinafestival, @caudalfest, @bringthenoisees e @esmerarte_industrias_creativa:, rompan vínculos con empresas como KKR, que mantén investimentos nos sectores militar, tecnolóxico e de asentamentos ilegais.
Traballamos con moitas entidades para solicitar  ao goberno español sancións mediante recollida de sinaturas.

Mosaico humano en Santiago para denunciar o xenocidio do pobo palestino Vídeo "La plataforma BDS Galiza organiza una acción simbólica por Gaza en Vigo" Un Día sin Compras para impulsar el boicot a las empresas cómplices del genocidio de Gaza Libro "Cantos de dor e liberdade" Santiago visibiliza o horror de Gaza cunha exposición fotográfica itinerante polos centros municipais El Centro Cultural Marcos acogerá una conferencia del médico palestino Mohamed Safa Dossier fotográfico