Preservar os océanos: nas túas mans está o cambio

2019

CPI Virxe da Cela de Monfero

ODS14VidaSubmariña

O alumnado dos tres primeiros cursos da ESO interesámonos no coidado dos mares e océanos

O estado dos mares

Os datos analizados en relación á problemática foron extraídos do informe ”El estado mundial de la pesca y la acuicultura” que elabora a Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e Agricultura (FAO).

Algúns dos datos que recolle este informe e que mais nos chamaron a atención foron os seguintes:

- no 2050 prevese que a poboación mundial medre, e sen embargo diminuirá a poboación de especies mariñas.

- estímase que o 20% da pesca a nivel mundial é ilegal, e os recursos económicos obtidos por estas prácticas están entre os 10.000 e os 20.000 dólares. Este índice é demasiado alto.

- hai 200 millóns de persoas en todo o mundo que dependen da pesca e da acuicultura, así como das actividades asociadas á produción e extracción no mar. Por exemplo, en Somalia hai mulleres que participan na construción de barcos.

A importancia de concienciarnos

As principais reflexións que fixemos sobre o tema teñen que ver con dúas cuestións:

- É moi importante que poñamos o foco en coidar activamente do mar e do medio ambiente, xa que a contaminación é cada vez maior e isto afecta a moitas especies animais, e tamén ás persoas de todo o planeta.

- Está na nosa man concienciar á xente da nosa contorna sobre a importancia de conservar a natureza, non contribuír á contaminación tirando lixo ao mar, e preservar a vida submarina.

Damos a cara!

A acción principal que levamos a cabo para concienciar á nosa contorna sobre a importancia de coidar o mar foi a gravación dun vídeo, no que empregamos a linguaxe audiovisual e que distribuímos nas redes sociais. Neste vídeo explicamos o problema, os principais datos científicos nos que nos baseamos, e tamén poñemos en valor as iniciativas que se están a poñer en práctica para mitigar a problemática dos lixos nos mares e océanos.