Sensibilizad@s

2021

Asociación para a educación e prevención social

ODS05 Igualdade Xenero, ODS04 Educacion

Sensibilizad@s é un xogo de mesa de elaboración propia, para sensibilizar contra a violencia de xénero e a igualdade de oportunidades, dirixido a mozos e mozas menores de 35 anos pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables como son as persoas reclusas e os mozos e mozas con diversidade funcional

Web Facebook

Achegando a igualdade de xénero a persoas en contexto penitenciario

Unha das principais carencias que presentan moitas persoas privadas de liberdade é a ausencia de coñecementos e falta de sensibilización sobre igualdade de xénero e de oportunidades entre homes e mulleres. Mediante esta micro – experiencia, pretendeuse achegar formación nesta materia, co obxectivo de sensibilizar a poboación reclusa e abarcar diversos temas en relación á igualdade, como son as súas consecuencias tanto para a vítima como para o agresor, e tamén sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en todos os ámbitos: profesional, laboral, económico, etc.

Nesta formación participaron 30 rapaces e rapazas que cumpren condena no centro penitenciario de Pereiró de Aguiar (Ourense). A metodoloxía de traballo que se empregou foi a de Aprendizaxe – Servizo, como ferramenta de inclusión social

Este programa de sensibilización vinculouse co colectivo de persoas con diversidade funcional xa que, en moitas ocasións, sofre dunha forma mais invisibilizada as consecuencias das desigualdades entre homes e mulleres instauradas na nosa sociedade.

Sensibilizad@s! É o voso turno!

A posta en marcha desta micro – experiencia comezou por sensibilizar sobre a problemática da violencia de xénero, poñendo o foco na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, centrado en colectivos especialmente vulnerables como son as persoas reclusas e as persoas con diversidade funcional.

Unha vez adquiridos certos coñecementos entorno á igualdade de xénero, as persoas en situación de privación de liberdade xuntáronse para idear unha ferramenta que permitise traballar estes coñecementos con persoas con diversidade funcional...e xeraron o xogo: sensibilizad@s! É o voso turno!

E vos? Canto sabedes sobre a igualdade de xénero? Xogamos?

O xogo Sensibilizad@s está composto por un taboleiro, a folla de instruccións, as cartas para as preguntas, as cartas con solucións, e as insignias polos acertos conseguidos.

Nesta micro – experiencia, o xogo empregouse para introducir conceptos relacionados coa igualdade de xénero en distintas asociacións de persoas con diversidade funcional en Ourense. 

Atréveste a poñelo en práctica?

Na sección de anexos deixámosche todos os materiais do xogo de mesa "Sensibilizad@s" para que os imprimas e o poñas en práctica, ademáis dun video explicativo da micro - experiencia e as instruccións do xogo. Se o fas, non deixes de etiquetarnos nas redes sociais nin de escribir para dicirnos que che pareceu!

Taboleiro Dado Insignias e fichas Instruccións Cartas e solucións