Apoio a defensores de dereitos humanos en Turquía

2017

Amnistía Internacional

ODS16PazXustizaInstitucionsSolidas

En solidariedade con Idil Eser e outros membros de Amnistía Internacional apresados inxustamente en Turquía, o 14 de outubro de 2017 preparamos un aniversario na rúa para entregarlle o noso apoio aos 11 defensores de dereitos humanos, en coordinación entre 30 países e case todas as localidades de España. 

Ademais do apoio, esta acción supuxo unha recollida de sinaturas para a liberación inmediata destas persoas e esixirlle ao goberno turco que parase a “caza de bruxas”.

Acusada de terrorismo por defender os dereitos humanos

En xullo de 2017 Idil Eser (Directora de Amnistía Internacional Turquía) e 9 activistas máis estaban facendo un taller sobre Benestar e Seguridade Dixital nun hotel na illa de Büyükada, cando os arrestan por pertencer ao mesmo grupo terrorista que Taner Kiliç acusado de formar parte da organización do golpe de Estado de 2016. 

A Idil acúsana de pertencer a 3 organizacións terroristas diferentes, de ter no seu ordenador probas de actividades delituosas e de organizar actividades ilegais dentro de AI en 2014, ano no que ela non pertencía á organización. 

Todas as probas da acusación baseáronse en documentos e información encontrados nos ordenadores incautados que o único que demostran é o lexítimo activismo en materia de dereitos humanos. 

Desde ese momento ata 2020 tiveron lugar 10 vistas nas que a fiscalía presentou probas incoherentes e sempre de documentos vinculados a DDHH e sen relación algunha coas probas das vistas anteriores sen poder demostrar esas acusacións e en ningunha das vistas se recoñecen as probas da defensa.

Fontes

Que sucede cando se vulneran os dereitos?

Amnistía Internacional é un movemento democrático e autónomo que conta con máis de 7 millóns de persoas asociadas e simpatizantes en máis de 150 países e territorios.

Ten a misión de investigar e actuar para evitar que se cometan graves abusos contra os DDHH esixindo que todos os Gobernos e outras entidades poderosas respecten o Estado de dereito.

As campañas emprendidas por Amnistía Internacional definen un conxunto de obxectivos a medio prazo sobre unha temática de traballo. Nelas participa toda a organización a todos os niveis, é dicir, publícanse informes centrados no problema tratado pola campaña nun determinado país que recollen as vulneracións de dereitos humanos ao redor de dita temática e que son enviados aos medios de comunicación de todo o mundo.

Cada Sección diríxese ao seu propio Goberno e mobiliza aos seus cidadáns para lograr os obxectivos da campaña. Estas poden ser internacionais, nacionais, rexionais e locais.

Fontes: 

https://www.es.amnesty.org/quienes-somos/

Celebramos o aniversario en solidariedade con Idil Eser

En solidariedade con Idil pola súa situación de case incomunicación, en coordinación entre 30 países e case todas as localidades de España, o 14 de outubro de 2017 preparamos un cumpleanos na rúa para entregarlle o noso apoio aos 11 defensores de dereitos humanos e, en concreto a Directora e Presidente de AI Turquía. 

Ademais do apoio, esta acción supuxo unha recollida de sinaturas para a liberación inmediata de estas persoas e esixirlle ao goberno turco que parase a “caza de bruxas”.

Nesta actividade levamos á rúa unha cociña móbil e uns doces para que as persoas viandantes puidesen pararse a merendar mentres se lles contaba a situación e así que asinasen a petición.

Para elo pedíuselle ao Concello a ocupación da rúa do paseo durante unhas horas para por unha mesa e a cociña. Nese tempo estivemos falando coas persoas viandantes e compartindo ese apoio co resto da cidadanía ourensá. 

O 25 de outubro de 2017, Idil e 8 activistas máis foron postos en liberdade despois de 3 meses en prisión preventiva grazas ás accións de máis de 30 países distintos.

Anexo