As do 8: espazo de construcción, encontro e acción feminista

2020

As do 8

ODS05IgualdadeXenero

A partir de propostas e intereses individuais imos tecendo un espazo de acollida para cada unha de nós, que se combina con accións de reinvindicación feministas programadas cada 8 de marzo, realizáronse actividades para enriquecimento da comunidade. Obxectivo: Empoderamento, creación, acompañamento.

Facebook: @asdooito

Tecendo un espazo de autoxestión e proactivo

A preparación da conmemoración do 8 de marzo de 2019 fixo que se atoparan un grupo de mulleres que van descubrindo os nexos de unión e o potencial de transformación que se agocha nesa confluenza de forzas individuais. 

Cada unha de nós vive diariamente diferentes formas de discriminación e violencia por razón de xénero (invisibilidade, carga mental e social, violencia obstétrica, violencia machista) que nos fan procurar espazos onde compartir as nosas realidades e procurar saídas emancipatorias para nós e para as que veñan despois. 

Como seguimos tecendo esta rede?

Creamos unha rede que naceu da improvisación se saber cal era o destino. Construímos, compartimos, rimos, desafogamos, buscamos saídas e entradas onde atoparnos. Na viaxe houbo tormentas e, incluso naufraxios. Seguimos navegando porque ao outro lado da barca sempre quedaba algunha. Non importa o destino, só o proceso. 

Nalgún momento o desgaste persoal fixo que algunhas compañeiras soltasen a rede para empezar outros tecidos, procurando novos espazos. 

A situación actual de crise sanitaria e medidas de restriccións social, frearon a construcción deste espazo e a definición de novas propostas de actuación que nos levan a reflexionar sobre as vías de continuidade.

Fíos: que a rede siga medrando

Como explicar o que é as do oito sen falar de todas e cada unha das mulleres que iniciaron este camiño, e que sentido ten falar de todas e cada unha de nós, si ao final, todas formamos parte deste tear.