Tocando o ceo para romper esquemas

2020

Las Cholitas Escaladoras

ODS05IgualdadeXenero

Un grupo de mulleres aymaras de Bolivia, decidiron facer fronte á discriminación á que se vían enfrontadas por ser muller e por ser indíxena, escalando montañas mentres comparten mensaxes co mundo: as mulleres, independentemente da idade, podemos facer o que nos propoñamos e ser indíxena debe ser algo do que sentirse orgullosa. 

Doble discriminación: muller e indíxena

Segundo a CIDH, as mulleres indíxenas enfrontan diversas e sucesivas formas de discriminación histórica que se combinan e se superpoñen, expóndoas a violacións de dereitos humanos en todos os aspectos da súa vida cotiá: desde os seus dereitos civís e políticos, os seus dereitos a acceder á xustiza, até os seus dereitos económicos, sociais e culturais e o seu dereito a vivir sen violencia. Estas discriminacións producen, entre outras cousas, que só una de cada dez nenas indíxenas en Latinoamerica acabe secundaria, que máis do 85% de mulleres indíxenas só consiga traballo na economía informal, ou que, en Bolivia, 3 de cada 10 mulleres indíxenas se sentiran discriminadas algunha vez pola súa vestimenta, pola súa condición de muller e pola súa situación económica.
Neste contexto sitúanse un grupo de mulleres aymaras, de entre 24 e 50 anos que viven no Alto e A Paz, Bolivia. Algunhas delas estiveron sempre relacionadas coa escalada, e non por vivir a 4.150 metros, nin directamente por ser elas quen escalaban, se non polos seus maridos ou familiares. Elas eran as cociñeiras de alta montaña ou as carrexadoras, as que acompañaban nun traballo establecido como masculino. 

Fontes:

CIDH (2017). Informe “Las Mujeres Indígenas y sus Derechos Humanos en las Américas” https://www.oas.org/es/cidh/indigenas/docs/pdf/Brochure-MujeresIndigenas.pdf

OIT (2020). Aplicación del Convenio sobre pueblos indígenas y tribales nº 169 de la OIT: hacia un futuro inclusivo, sostenible y justo https://www.ilo.org/wcmsp5/groups/public/---dgreports/---dcomm/---publ/documents/publication/wcms_735627.pdf

Observatorio de Género, Coordinadora de la Mujer de Bolivia (2014). Encuesta Nacional de Discriminación y Exclusión Social desde la Percepción de las Mujeres de Bolivia.

Por que non podemos subir nós?

Estas cinco mulleres comezaron a reflexionar sobre eses roles histórica e culturalmente atribuídos aos homes e ás mulleres. Por que só soben os homes? Por que non podemos subir nós? Tiñan unha inmensa curiosidade por saber que habería alí arriba e como sería subir até alí. 
Comezaron a imaxinar un mundo onde as mulleres indíxenas puidesen facer de todo, independentemente da idade. Onde non polo feito de ser muller non puidesen practicar deportes extremos ou onde a cultura indíxena se mostrase con orgullo.

Pensaron que subir até arriba, comezar a escalar e ser elas mesmas as protagonistas da subida ao cumio das montañas, sería un símbolo de liberación e empoderamiento, demostrando que non só os homes poden alcanzar a cima e pondo en valor a súa propia identidade indíxena.

Fotos

Agarrar montañas e soltar mensaxes

En decembro de 2015, amarraron as súas polleras, saia tradicional indíxena aymara, e comezaron a ser as protagonistas das expedicións. Empezaron con pequenas montañas e pequenos retos, pero chegaron a subir o pico máis alto de Sudamerica, o Aconcagua, en Arxentina, experiencia plasmada nun documental chamado "Cholitas", producido por Arena Comunicación Audiovisual


Desde entón, non só se reúnen para falar das súas expedicións e planificar futuras, tamén comparten as súas preocupacións como mulleres indíxenas e as súas diversas ideas. Ademais, agora tamén son elas as guías de montaña acompañando a grupos de turistas. 
O que nun primeiro momento era só subir até arriba, agora é moito máis que iso. Agora teñen moitas mensaxes que compartir co mundo. Agora son un claro exemplo de que as mulleres poden facer o que se propoñan e que ser indíxena é un orgullo.