Cinema a Pedal. Festival de cine, deporte e medio ambiente

Urxencia climática e mobilidade sostible: o papel da cultura
A crise climática é unha realidade ineludible que esixe respostas firmes desde todos os ámbitos, incluído o cultural. A mobilidade urbana, dominada polo tráfico motorizado, xera un impacto ambiental elevado, contribuíndo ás emisións de gases de efecto invernadoiro e á deterioración da calidade de vida. Neste contexto, a bicicleta supón unha alternativa limpa, saudable e accesible.
Cinema a Pedal xorde como resposta a esta situación: trátase dun festival que fusiona cultura, deporte e compromiso ambiental, transformando o acto de ver cine nun exercicio colectivo de responsabilidade ecolóxica.
Baseándose nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e na Guía de Festivais e Sustentabilidade, o proxecto propón outro modelo de lecer, onde a produción e o consumo culturais se rexen por principios de xustiza ambiental, cohesión social e participación activa da cidadanía.
Estratexia Estatal pola bicicleta Guía sobre festivais e sustentabilidadeReflexións sobre cultura, comunidade e sustentabilidade
Cinema a Pedal convida a repensar os modelos actuais de produción cultural, o uso do espazo público e a distribución da enerxía. O festival demostra que outra cultura é posible: máis sostible, cooperativa e respectuosa co medio. A xeración colectiva de enerxía en bicicletas simboliza esta aposta por modelos alternativos e comunitarios.
A iniciativa inspírase no Cine a Pedal uruguaio, mais desenvolve unha proposta con identidade propia, enraizada na realidade galega e comprometida coa cultura, a participación e o territorio. A bicicleta activa o equipo de proxección e tamén o pensamento crítico, promovendo igualdade e un xeito distinto de habitar o espazo común. As películas escollidas, de temática familiar pero afastadas dos estándares da industria mainstream, reforzan estes valores.
Un proxecto que nos leva, literalmente, a pedalear cara a outras formas de vivir e crear.
Cinema a Pedal: unha proposta cultural xerada a pedaladas
Cinema a Pedal é un festival de cine ao aire libre que combina cultura, deporte e medio ambiente. Celebrado en Nigrán desde 2022, cada sesión depende da enerxía xerada polo público a través do pedaleo en bicicletas conectadas a un sistema técnico desenvolvido localmente. A proposta fíxose realidade grazas ao apoio institucional da Xunta e o Concello de Nigrán e ao compromiso do tecido social e cultural galego.
A programación está coidada ao detalle, con vontade inclusiva e de impacto positivo. inclúe cine de autor, curtas e longametraxes con enfoque familiar que promoven valores como a solidariedade, o coidado ou o feminismo, obradoiros creativos e ambientais, música en vivo e ecomercado. Pensada para públicos diversos, busca non deixar a ninguén atrás e favorecer espazos de encontro interxeracionais e accesibles.
O festival esperta gran interese entre o público e os medios, especialmente entre a mocidade, e amosa xa o potencial dun modelo de evento transformador, sostible e inclusivo.
Telexonal de Galicia (min 9) Informativos T5 (min 34) Nova en Ciclosfera Dossier fotográfico