Animal, compi de ecosistema

2024

IES Carlos Casares

ODS04 Educacion, ODS12 Producion Consumo Responsable, ODS15 Vida Ecosistemas Terrestres

Esta iniciativa nace para dar resposta a unha problemática que preocupa ao alumnado. De forma asemblearia, e de entre preto dunha ducia de temáticas sociais nas que emprender accións, o grupo decidiu traballar na defensa do benestar animal, por ser un tema ante o que alumnado e profesorado amosan unha grande sensibilización.

Maltrato animal en Galicia: que din a prensa, as entidades oficiais e a nosa contorna?

Investigamos sobre o maltrato animal procurando atopar datos que nos indiquen se é un problema que existe na sociedade galega, e que tamén nos aporten información sobre a dimensión do mesmo. Seguimos catro liñas de investigación:

En primeiro lugar dividímonos en tres grupos de catro para pescudar nos xornais dixitais galegos información dos últimos dous anos referente ao maltrato animal. Aparecen un montón de novas na prensa, das que recollemos seis a modo de exemplos.

A segunda liña de investigación á a referente aos datos que nos poden achegar diferentes organismos oficiais, como a Administración, protectoras de animais, etc. De novo formamos grupos de traballo, desta vez rotativos para ir analizando e ampliando o que atoparon os grupos anteriores, e atopamos información de interese. Un dato do Ministerio do Interior que nos chamou a atención: nas estatísticas publicadas do último ano (2022) recolléronse máis de 1000 denuncias por maltrato animal en todo o estado (pax. 226).

A terceira liña de investigación é sobre a lexislación actual sobre benestar animal. Hai unha lei moi recente, a Lei 7/2023 do 28 de marzo de Protección dos dereitos e o benestar dos animais. Como a lei é moi extensa procuramos algún resumo máis accesible, que anexamos.

Finalmente, na cuarta liña decidimos realizar unha enquisa á comunidade educativa do noso instituto, orientada a coñecer o nivel de información, sentimentos e reaccións relativas ao maltrato animal. Aportamos tamén resumo gráfico da enquisa así como acceso á mesma.

Unha realidade máis presente do que a xente pensa

A análise dos xornais amósanos que o maltrato animal é unha realidade ben presente na nosa sociedade. A pouco que busquemos na prensa dixital provincial e autonómica aparecen múltiples novas referentes a maltrato a animais e condeas por tal conduta. Non é, pois, un feito illado.

Con respecto aos datos oficiais, ademais de consultalos en diferentes medios de prensa buscamos na web do Ministerio do Interior, onde tivemos acceso ao documento “Anuario estadístico 2022” que é o último publicado. Na páxina 226 do mesmo pode verse que houbo 1057 delitos de maltrato animal doméstico, que representan preto do 40% dos delitos cometidos en temas de medio ambiente. Ademais, esta estatística foi medrando nos últimos catro anos.

A análise do resumo da nova lei de benestar animal bota luces sobre o respaldo que poida ter a nosa iniciativa, así como amosa ideas nas que incidir, moi necesarias como se pode ver na enquisa realizada por nós entre as persoas da nosa comunidade educativa. 

En dita enquisa, a xente recoñece ter pouca información sobre benestar animal (máis do 50% das persoas enquisadas afirma non ter moita información, e preto do 90% valora a información que ten con tres puntos ou menos sobre cinco). Na propia enquisa, tamén se ve que a demanda de información e accións concretas é alta, polo que nos encontramos ante un esceario propicio para desenvolver o noso proxecto (9 de cada 10 enquisadas cre que hai que dar máis importancia ao benestar animal, e case o 50% afima ter presenciado maltrato animal ou coñecer a alguén que o presenciou).

Artigos de prensa Anuario Estadístico del Ministerio del Interior 2022 Resumo da Lei 7/2023 do 28 de marzo de Protección dos dereitos e o benestar dos animais Resultados da Enquisa realizada á comunidade educativa

Reivindicación, sensibilización e educación contra o maltrato animal e a favor do seu benestar e coidados

 

Fixemos unha chuvia de ideas para valorar todas as accións que teñen cabida no noso proxecto en relación á información atopada e analizada previamente. Logo, clasificamos esas accións en tres grandes grupos:

  • Reivindicación: creación dun manifesto para ler no patio do IES, na Praza Maior de Viana ou no Concello e para enviar aos medios de comunicación: La Región, O Sil e La Voz de Galicia entre outros, ademais de difundir nas nosas propias redes @ochoupin.
  • Sensibilización: creación dunha serie de imaxes con texto que permitan á xente coñecer a realidade de moitos animais, promovendo a empatía de cara aos mesmos, e polo tanto o seu coidado. Difusión en redes sociais e creación de chapas coas imaxes.
  • Educación: creación de xogos de taboleiro (ocas, tres en raia, etc.) e preparación dunhas charlas sobre benestar animal, que se impartiron no CEIP Bibei de Viana do Bolo para os grupos de 5 anos, 3º e 4º de primaria o martes 4 de xuño, véspera do Día Mundial do medio ambiente.

 

Manifesto contra o maltrato animal Lectura do manifesto Imaxes para concienciación Xogos para infantil e primaria