Vaidelas: va de nosotras

2022

Vaidelas

ODS05 Igualdade Xenero

Vaidelas nace no ano 2021 ante a necesidade de deseñar e poñer en marcha ferramentas de toma de decisióin conscientes sobre o presente e futuro laboral das mulleres novas.

Web | Facebook | Instagram

Fotografía realizada por Aigi Boga

A situación laboral das mulleres novas

Segundo os datos do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030:

- O 58% do paro rexistrado en España corresponde ás mulleres.

- A diferencia salarial entre homes e mulleres en España é de 5.941€.

- O 75% das persoas con traballo a tempo parcial son mulleres.

- As mulleres en España dedican máis do doble de tempo ás tarefas do fogar e vinculadas á familia que os homes

- Tan só un 28% das mulleres españolas realizan unha carreira tecnolóxica, a porcentaxe baixa ao 7% no caso das enxeñarías.

- A fenda salarial de xénero no mundo sitúase no 23% e, se non tomamos medidas, precisaremos do 68 anos para acadar a igualdade salarial.

- A taxa de participación das mulleres na poboación activa é do 63%, mentres que a dos homes é do 94%.

- A pesar da creciente presenza na vida pública, as mulleres seguen facéndose cargo 2,6 veces máis que os homes, do coidado das persoas (sen remunerar), e do traballo doméstico.

O informe da Agència per a la Qualitat del Sistema Universitari de Catalunya e o Institut Català de les Dones, indica que aos 3 anos de rematar a carreira non se observan diferencias entre sexos no mundo laboral. Porén, aos 10 anos comezan a aparecer estas diferenzas, e ao cabo de 20 anos aflora o impacto da maternidade nas traxectorias profesionais delas, cun salario do 82% con respecto aos seus compañeiros universitarios. Estes ocupan o doble dos postos de responsabilidade nas empresas.

Algunhas razóns que explican as desigualdades laborais entre homes e mulleres

As razóns que explican os datos anteriores son variadas:

- Unha segregación educativa e formativa por razón de xénero

- A elección dos estudos superiores baseadas en estereotipos de xénero

- Falta de medidas de conciliación, onde o rol de coidadora continúa recaendo nas mulleres

- Discriminación de xénero

- Sistema económico masculinizado

- Maior precariedade no emprego das mulleres (ocupan maioritariamente os contratos a tempo parcial)

- Menores posibilidades de promocionar, tanto pola segregación ocupacional como polos estereotipos de xénero existentes no ámbito laboral, sumado á pouca transparencia nas políticas de promoción nas empresas, limitando as posibilidades de ascenso profesional das mulleres.

Dende Vaidelas apostamos polo cambio, por ir á raíz e porque a fenda sexa cada vez menor.

Vaidelas

Desenvolvemos un Focus Group

Decidimos desenvolver dous actos co estudantado da Universidade de Santiago de Compostela: emprendedoras, mulleres traballadoras, e desempregadas, falamos de oportunidades, ferramentas e obstáculos que atopamos as mulleres no terreo profesional.

Os Focus Group celebráronse presencialmente na Casa Xohana Torres, en Santiago de Compostela, os días 18 e 23 de novembro de 2021, e en liña o 30 de novembro. Os resultados obtidos nestes grupos indican que o 89,9% das participantes non tiveron información suficiente para escoller os seus estudos, e as razóns para escollelos foron: vocación, familiares, outras influencias, por descarte, saídas laborais e profesorado. Ademáis, o 92,2% descoñece o mercado laboral asociado á súa rama, para o que sería interesante realizar unha conexión e relación con referentes reais e de proximidade. Por outro lado, o 92,2% das participantes consideran que non están sendo formadas nas habilidades demandadas polo mercado laboral, entre as que consideran que se atopan: liderado, dixitais, idiomas, comunicativas, traballo en equipo, técnicas, financeiras e legais.

Estes resultados indican da necesidade dun espazo como Vaidelas, como espazo no que apoderar ás mulleres na toma de decisións conscientes en relación ao presente e futuro laboral.

Memoria actividades 2021. Resultados focus group