Círculos de Estudo en Guatemala

2022

Comunidade Jocotán

ODS04 Educacion

As comunidades indíxenas Ch’orti’ da Región VIII de Jocotán, contan cunha baixa escolaridade e con dificultades para continuar os seus estudios unha vez terminan primaria, complicando que podian romper cos ciclos de pobreza. Para facer fronte a este problema, e favorecer o desenvolvemento das comunidades, estableceuse un círculo de estudo co Instituto Guatemalteco de Educación Radiofónica, co apoio da Asociación para el Mejoramiento Habitacional (MejorHa), permitindo ao alumnado que culmine Educación Primaria poder continuar a súa educación

Baixa escolaridade e limitada oferta educativa no municipio de Jocotán (Guatemala)

A pesar de que todos os centros poboados do municipio de Jocotán (departamento de Chiquimula, Guatemala) contan con escolas primarias, o nivel de escolaridade é moi baixo.

Na Rexión VIII de Jocotán, tan só hai unha comunidade que conta cun instituto básico de Educación Secundaria. A pesar de que a gran maioría das e dos adolescentes manifestan o seu desexo de estudar a Secundaria e ás veces a universidade, son moi excepcionais os nenos e nenas que chegan a nivel diversificado, en xeral, grazas ao apoio de familiares que viven na cabeceira municipal, noutro departamento, ou nos EE. UU.

En concreto, nas comunidades Plan Candelero e Encuentro Candelero, só o 27% e o 31% das persoas maiores de idade terminaron primaria, e só o 48% e 41% de elas cursaron a Secundaria. (Datos extraídos da Diagnose situacional comunitaria da Región VIII de Jotocán, realizado por MejorHa, que se pode consultar no anexo)

Diagnose comunitaria

A falta de acceso á educación como perpetrador da pobreza

De acordo coa poboación de ambas as comunidades, unha das principais razóns polas que non continúan cos seus estudos é a inexistencia de condicións fundamentais, como infraestrutura educativa (carecen de instalacións adecuadas) ou electricidade (non hai subministración de enerxía eléctrica, o que dificulta o seu acceso ás novas tecnoloxías de comunicación). Ademais, o Ministerio de Educación non designou persoal docente para impartir o Ensino Medio.

Todo iso, xunto a outros factores como a falta de recursos económicos das familias, a incorporación dos nenos/as como man de obra non cualificada en actividades agrícolas ou os embarazos temperáns, non permiten que o alumnado graduado de Primaria continúe os seus estudos, interrompendo así o seu proceso formativo e limitando as súas oportunidades para romper os ciclos de pobreza, desigualdade de xénero y de inxustiza social.

Círculos de estudo coordinados por orientadores/as voluntarios.

A Asociación para el Mejoramiento Habitacional de Guatemala*, xunto a organismos comunitarios e rexionais, estableceron un convenio co Instituto Guatemalteco de Educación Radiofónica (IGER) para a creación dun círculo de estudo nunha nova infraestrutura acaída e equipada, construída de xeito participada polas persoas implicadas, para que o alumnado da comunidade do Plan Candelero e Encuentro Candelero que culminen a súa Educación Primaria poidan continuar coa Secundaria.

Estes círculos seguen unha metodoloxía a distancia, empregando a radio e textos impresos como pilar fundamental dos seus programas educativos. Unha vez por semana, unha persoa voluntaria formada na comunidade reúnese co alumnado nas instalacións para repasar dúbidas, fortalecer contidos e avaliar o progreso. O IGER ofrece programas de alfabetización, primaria acelerada para persoas adultas, ciclo básico e bacharelato, ademais de programas bilingües en castelá e línguas maias. Ao seren avalado polo Ministerio de Educación, o alumnado obtén diplomas oficiais ao finalizar cada ciclo.

 

*ONG guatemalteca que traballa dende o 2002 para mellorar a calidade de vida da poboación e as súas condicións de habitabilidade, principalmente nos centros poboados urbáns e rurais de Guatemala que se atopan en situación de precariedade. Dende o 2015, tras elaborar o Plan de Acompañamento a 10 anos de MejorHa coa Región VIII de Jocotán, pretenden contribuír ao desenvolvemento integral das 11 comunidades da Región.