Olladas sobre Melide: o mundo que queremos
A Terra de Melide é, por tradición, terra de comerciantes, gandería e feirantes, polo que neste curso escolar, o Departamento de Filosofía e Valores éticos de 1º da ESO decidimos levar a cabo unha micro – experiencia de transformación social entorno ao comercio xusto, o comercio de proximidade e as condicións dignas de traballo, achegándonos a experiencias inspiradoras e informando á veciñanza das nosas aprendizaxes
Coñecemos os principios do comercio xusto
Para afondar sobre os conceptos de comercio xusto ou distribución desigual da riqueza, desenvolvimos na escola unha dinámica da man de Solidaridade Internacional de Galicia. Con esta actividade o alumnado pode experimentar e plasmar dun xeito visual as causas, consecuencias e desigualdades que xera o modelo de consumo actual. A metodoloxía desta dinámica pode consultarse no apartado ferramentas da web do Globo.
Ademáis, destacamos neste apartado os principios sobre os que se sustenta o comercio xusto:
- Creación de oportunidades para persoas produtoras en desvantaxe económica
- Transparencia e rendición de contas
- Prácticas xustas de comercio (benestar social, económico e ambiental antes que os beneficios)
- Prezo xusto
- Nin traballo infantil nin forzoso
- Compromiso de non discriminación, igualdade de xénero, potestade económica das mulleres e liberdade de asociación
- Condicións de traballo dignas
- Desenvolvemento de capacidades
- Promoción do comercio xusto
- Respecto polo medio ambiente
Principios do comercio xustoNa Terra de Melide SI sabemos que é o comercio xusto
Aproveitando que no noso centro levamos anos traballando o tema de comercio xusto, decidimos afondar sobre esta cuestión, tratando de darlle un aire de proximidade e contactar así con distintas empresas que traballan na Terra de Melide e a nosa contorna baixo estes principios.
Unha vez que o alumnado está informado sobre o comercio xusto, de proximidade e kilómetro cero, decidimos a visitar a cooperativa Milhulloa para trasladarlle, in situ, os parabéns polo seu traballo, e coñecer a súa maneira de traballar.
Así mesmo, despois da lectura dalgúns fragmentos de Revolución Detrito, obra de Xosé García Rodríguez, escritor melidá, convidámolo a unha charla na que puxemos en común as causas que levan á explotación laboral na infancia, analizando as súas circunstancias.
Visita Milhulloa Charla Revolución DetritoFalamos coa veciñanza sobre o comercio xusto e as súas vantaxes
Na contorna da escola, quixemos empregar o humor para concienciar, e concertamos un concurso de memes para denunciar o consumismo actual e o seu impacto medioambiental.
Ademais, tivemos posibilidade de organizar un mercadiño de comercio xusto nas datas previas ao nadal, co lema “No nadal non te consumas”.
Finalmente, o 18 de maio facemos unha saída pola contorna para informar aos vecinos e veciñas da Terra de Melide das vantaxes e posibilidades dun comercio en condicións dignas de traballo. O alumnado crea un producto gráfico que é unha guía visual da Terra de Melide e a contorna, onde cada alumno/a aporta unha fotografía, con información, música e textos líricos asociados, para que sexa unha experiencia sensorial, emocional e de compromiso, ademáis de estética. Finalmente, na semana do 20 de xuño, configurarase unha exposición de fin de curso en colaboración co Concello de Melide.
Concurso de memes Gañadores Concurso Saída sensibilización