Simbiose
Eliminamos as principais barreiras á participación creando accións sociais/ambientais cun formato innovador: accesibles, curtas, concretas, colectivas e puntuais, tentando contribuir os ODS 10, 11, 12, 13, 14 e 15. Anótate en www.asociacionsimbiose.org
E-mail: info@asociacionsimbiose.org / Facebook: @asociacionsimbiose / Instagram: @simbiose-asociacion
As barreiras de participación no eido local
A acción voluntaria en 2018 (PEV e Observatorio do Voluntariado):
- O grao de colaboración é maior entre as mulleres, aumenta coa idade e é notablemente menor na poboación máis nova.
Só un 12,1% das persoas enquisadas manifestaba que o voluntariado, simplemente, non lle interesaba. Podería deducirse, que o voluntariado era interesante para o case 88,0% restante. - Quen teñen entre 14 e 24 anos o 41,6% cre que incorporarse ao voluntariado non é fácil.
- Sobre o coñecemento de voluntariado, os grupos que presentan un maior descoñecemento son estudantes (33,7%), persoas sen estudos (36,7%) ou con estudos baixos (36,2%).
Retrato do voluntariado en España: Tendencias, experiencias innovadoras e cifras dun fenómeno crecente (Fundación Telefónica, 2019):
- Pode restrinxirse a un perfil socioeducativo medio-alto, se non se consegue mobilizar outras contornas poboacionais.
- Máis da metade de quen se propuxeron colaborar como voluntarios pero finalmente non se decidiron, non deron este paso por falta de tempo. Outro dos freos son os problemas de incompatibilidade co traballo que lles supón (24,2%).
Fontes:
https://plataformavoluntariado.org/wp-content/uploads/2019/02/ultima2 018-accionvoluntaria.pdf
Paréceche normal facer voluntariado?
En ocasións persoas que están interesadas en participar e en facer voluntariado non poden por diversas razóns. Algúns dos principais obstáculos que impiden a participación son: os horarios de traballo, a falta de tempo, a falta de información centralizada, falta de concienciación ou descoñecemento.
Ademáis, en ocasións as redes sociais teñen un doble filo, pois crean a sensación de colaboración cun so click e producen unha diminución na participación.
Un futuro desexable sería que toda persoa que quere participar poida facelo e que facer voluntariado se convirta en algo normalizado entre a sociedade.
Para tentar conseguir isto temos que facer que o voluntariado sexa máis cercano, dando exemplos claros a través de testemuñas de persoas que xa o fixeron. Para loitar contra a falta de tempo débense ofrecer alternativas ao voluntariado tradicional, unhas que non supoñan un longo compromiso e se poidan realizar no tempo libre como unha forma de participación pero tamén de lecer, facendo o voluntariado máis atractivo.
Sería de gran axuda a información desde a escola infantil ata as etapas universitarias de todas as opcións existentes.
Participa!
Para loitar contra as barreiras de participación deseñáronse accións de voluntariado puntual, accesible, colectivo, concreto e curto. Así, as persoas que nunca tiveran participado poden participar en accións sociais ou ambientais e coñecer o tecido asociativo da localidade na que están a residir.
Para elo, contactamos con entidades da cidade, identificamos posibles accións, e propoñemos actividades co formato anteriormente descrito.
Despois, para captar a posibles participantes, publicamos a actividade no calendario da nosa páxina web e facemos campañas de difusión.
O día da acción a facilitadora de Simbiose preséntase aos participantes e dálles os documentos necesarios para a súa sinatura (se é a súa 1ª acción) e pregúntalles se usaron o transporte público para entregarlles o billete do viaxe. Despois, unha persoa da entidade coa que vai colaborar fai unha breve presentación da súa entidade e explica o que se vai facer durante a acción dese día.
Finalmente realízase a acción.
Os recursos necesarios para participar son, esencialmente, o desexo de achegar algo á comunidade e pasar un bo rato, ter un tempo libre máximo de 4 horas e poder desprazarse ao lugar onde se desenvolve a acción.