O apartado de Ferramentas incorpora novidades
O apartado de Ferramentas amplíase con novos recursos de interese para colectivos e persoas interesadas en promover unha participación social activa, crítica e inclusiva.
17 novembro 2025 | Como cada ano, O Globo recolle novos materiais destinados a fomentar unha participación activa, efectiva e plural, así como recursos que abordan contidos de relevancia en temáticas de interese social. Este ano, incorporáronse as seguintes ferramentas:
- Nos entendemos. Informe de buenas prácticas en la atención a personas migrantes. Informe realizado pola Fundación ECCA Social co obxectivo de identificar e compartir boas prácticas no trato ás persoas migrantes desde distintos ámbitos profesionais, así como propoñer medidas que garantan un trato igualitario e inclusivo.
- La participación de la juventud como ciudadanía activa. Documento publicado en 2025 por EAPN, elaborado a partir das conclusións do Encuentro Estatal de Activismo Juvenil organizado por EAPN-ES xunto a EAPN Castilla y León en Valladolid. Analiza o impacto das crises recentes na xuventude e o seu papel como cidadanía activa.
- Guía Didáctica: Persecución por motivos de género. Material didáctico dirixido a profesorado de Secundaria e Bacharelato, elaborado por CEA(R). Aborda a realidade das persoas que se ven obrigadas a fuxir dos seus países por ser, sentir ou amar, ofrecendo ferramentas pedagóxicas para traballar esta temática.
- Objetivos de Desarrollo Sostenible: Un pacto para cambiar el mundo. Voluntariado deportivo. ODS 16. Guía práctica da Plataforma del Voluntariado de España para a organización de accións de voluntariado deportivo vinculadas co ODS 16 (Paz, Xustiza e Institucións Sólidas).
- Tendencias y buenas prácticas internacionales en el ámbito del voluntariado en cooperación al desarrollo, local e internacional en Europa. Informe elaborado polo grupo de voluntariado de La Coordinadora Estatal de ONGD, que recolle boas prácticas na xestión do voluntariado de cooperación internacional en diferentes países europeos.

