Mujeres creando de xira por Galicia
A microexperiencia do colectivo feminista boliviano recollida polo Globo no 2021 estará de xira por tres cidades galegas achegando as persoas asistentes o seu proceso de traballo
20 novembro 2022 | Temos o pracer de anunciar a visita a Galicia de tres representante do colectivo feminista MUJERES CREANDO, unha das microexperiencias recollidas polo Globo no ano 2021. O colectivo boliviano é un dos movementos máis relevantes en América Latina tanto polo seu traballo directo con mulleres vítimas de diversas violencias (sexual, económica, laboral…) como pola sua acción política e social neste eido.
Con motivo desta pequena xira dalgunha das súas integrantes, visitarannos Raiza Zeballos (psicóloga responsable do programa Mujeres en Busca de Justicia), Mayra Rojas (avogada feminista recoñecida polo seu traballo contra a usura bancaria) e Emilana Quispe (responsable do comedor da casa La Virgen de los Deseos). As tres representan unha visión ampla, plural e diversa deste importante colectivo no contexto latinoamericano.
Podes coñecer máis do seu traballo dende 2007 e achegarte á súa iniciativa aquí.
Os actos programados nas principais cidades galegas terán lugar en:
–Santiago, o día 23 de novembro na libraría Lila de Lilith ás 19:30.
–A Coruña, o día 25 na Normal (UDC) ás 17:30 horas
–Lugo, o día 26 no Vello Cárcere ás 18:00.
Esta visita é posible grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Podes solicitar máis información en direccion@solidaridadgalicia.org. Vémonos alí!