Xerando xustiza para as mulleres bolivianas

2021

Mujeres Creando

ODS05 Igualdade Xenero

Dende o ano 2007, un grupo de mulleres integrantes do movemento feminista boliviano "Mujeres Creando", dende o servizo socio-legal de "Mujeres en Busca de Justicia", traballa por transformar a sociedade machista na que vivimos, previndo as violencias que enfrontan as mulleres e ofrecendo atención gratuita a quen sobre violencia machista, dende unenfoque feminista e un trato humano e de calidade.

Web Facebook Twitter

En ocasións, a xustiza é inalcanzable para as mulleres

A vida das mulleres en todo o mundo, desafortunadamente, está marcada polas violencias que enfrontan. Bolivia é un dos países que presenta uns índices mais altos de violencia contra as mulleres. Segundo ONU Mujeres, 7 de cada 10 mulleres sufre violencias do todo tipo, sendo a física e a psicolóxica as mais frecuentes. 

A coordinadora da Muller do país, indica que nos últimos anos déronse mais de 100 feminicidios anuais, e miles de denuncias por infrinxir algún artigo da Ley 348, Ley Integral para garantizar a las mujeresuna vida libre de violencias.

Aínda que esta lei está en vigor dendo o ano 2013, as mulleres vítimas de violencia machista enfrontan longos, engorrosos e caros procesos se queren acceder á xustiza. 

Mujeres creando: ofrecendo solucións concretas contra a violencia machista

O movemento feminista boliviano Mujeres Creando, loita pola despatriarcalización da sociedade, e porque ningunha muller sufra ningún tipo de violencia. Este colectivo pensou que era necesario actuar para facer fronte á situación das mulleres, que non poden alcanzar xustiza por non ter recursos económicos, e non obteñen solucións despois de achegarse ás oficinas públicas. Ademais, cando acceden á xustiza, a impunidade dos agresores é habitual nas sentenzas. A solución de Mujeres Creando pasa pola organización e a autoxestión.

Mulleres na procura de xustiza

Hai 15 anos, este grupo de mulleres creou "Mujeres en busca de Justicia", un espazo no que decidiron ofrecer atención gratuita ás mulleres mais necesitadas. Esta atención contempla o asesoramento e acompañamento (legal, social e psicolóxica) ás mulleres que sofren violencia machista.

Atenden uns 2.500 casos anuais, dende un enfoque feminista, un trato humano e cercano, non revictimizante, e intentando aportar solucións o mais rápidas posibles. Pero non só é un espazo de atención, tamén o é de movilización e de presión política, para que a xustiza responda aos problemas que sufren as mulleres, e para transformar a sociedade machista na que vivimos. 

Ademais, é un espazo de creación de coñecemento, publicando no último ano dous libros: "Ruta crítica para mujeres en situación de violencia" e "Propuesta de metodología de atención de casos de violencia machista contra las mujeres con enfoque feminista". Esta longo e efectivo traballo, fixo que "Mujeres en busca de Justicia" sexa un referente na loita contra as violencias machistas en Bolivia.