2 xuño 2022 | O IV Encontro celébrase o venres, 17 de xuño, entre as 10h e as 14.30h, no Parque Vista Alegre e no edificio do Centro de Estudos Avanzados, en Santiago de Compostela.

O IV Encontro do Globo constrúese como un espazo lúdico e formativo, onde as micro – experiencias de transformación social serán as protagonistas da xornada, sumando novos colectivos a outros anteriormente vinculados ao Globo. Ademais, contaremos coa participación do grupo motor do Globo, conformado por profesionais e activistas da participación social, dos medios de comunicación, e da comunidade educativa.

Como é habitual nos encontros do Globo, mesturaremos espazos plenarios e obradoiros en pequenos grupos; aprenderemos de forma lúdica sobre o que supón participar para transformar; estará presente a acción, pero tamén a reflexión; e mostraremos as experiencias de transformación social promovidas neste 2022. A arte estará tamén presente ao longo de todo o encontro. Anímate a participar!