Agra, un barrio de coidados: das aula á rúa

2025

Arquitectura Sen Fronteiras, IES Agra do Orzán, Amigas da Terra

ODS11 Cidades Comunidades Sostibles, ODS13 Accion Polo Clima

Tras realizar unha diagnose critica e apreciativa sobre o noso barrio, xunto con outros actores, trasladamos os resultados a dúas accións de incidencia política e social.  Na primeira preparamos unha devolución ante a concelleira concelleira de Benestar Social, Participación e Mocidade do Concello da Coruña. Na segunda, reclamamos espazos públicos e verdes para o barrio mediante unha acción de artivismo nas rúas centrais.

Web proxecto Agra, barrio de coidados
Instagram ASF | Facebook ASF | Web ASF
Web IES Agra do Orzán
Web Amigas da Terra

Necesidade de espazos públicos e naturais para os coidados no barrio

Actualmente, as cidades ocupan só o 2% da superficie terrestre, pero concentran máis da metade da poboación mundial, cifra que se prevé aumente a dúas terceiras partes en 2030. A pesar do seu pequeno tamaño, xeran o 70% das emisións de gases de efecto invernadoiro a nivel global.

A contaminación do aire, a alta densidade de poboación, o ruído e a falta de espazos verdes teñen un impacto directo na saúde física e mental das súas comunidades, especialmente nas persoas con ingresos baixos ou medios e nos colectivos máis vulnerables.

Os distritos de rendas baixas sofren temperaturas ata 8 °C superiores en comparación coas zonas de maior poder adquisitivo, debido en parte á falta de zonas verdes e a un urbanismo pouco adaptado ás condicións climáticas actuais, como destacan estudos da Universidade Politécnica de Madrid e da Axencia Europea do Medio Ambiente.

A Organización Mundial da Saúde recomenda a regra 3-30-300 como garantía para a saúde:
      - Cada persoa debería poder ver polo menos tres árbores desde a súa casa.
      - Os barrios deberían contar cun 30% de cobertura vexetal.
      - Ningunha persoa debería vivir a máis de 300 metros dunha área verde.

Informe "Derecho a la naturaleza. Derecho a la ciudad"

Barrio de cemento

Vivimos no barrio da Agra, o máis densamente poboado da Coruña, foi construído nos anos 70 para acoller á poboación migrante procedente de zonas rurais. Hoxe, continúa sendo un lugar de acollida, con novas correntes migratorias que representan o 12% do total de habitantes (Padrón 2022).

A pesar das fortalezas identificadas desde o urbanismo feminista —diversidade, proximidade, representatividade e vitalidade—, o barrio presenta carencias significativas, identificadas nun proceso previo de diagnose colaborativa previa a estas microaccións.

Con 29.000 persoas vivindo nunha superficie de 0,5 km², a Agra carece de espazos públicos de calidade, parques ou zonas naturais. Ademais, a poboación envellecida e de baixa renda (INE 2022) enfróntase a limitacións para desprazarse a outras zonas con espazos axeitados para o lecer, a luz, o sol e a natureza.

As escasas prazas existentes son pequenas, sen árbores e incapaces de atender as necesidades dunha poboación tan diversa e numerosa. A perda recente das hortas veciñais e dunha gran zona verde na periferia -onde se proxecta a construción de 4.000 vivendas- agrava aínda máis a situación.

A reivindicación dun parque para o barrio é unha demanda histórica da veciñanza, que leva décadas loitando por este espazo, que pese a promesas varias non deixa de dilatarse no tempo.

Paneis devolución final Infografía resumo da Fase I Nova en La Opinión de A Coruña Nova EntreNós

Poñámonos verdes: por un barrio coidado e que nos coide

Levamos a cabo dúas accións clave para visibilizar as necesidades do barrio identificadas pola mocidade do IES Agra do Orzán e outros colectivos no marco dunha diagnose colaborativa previa, reflectida nunha exposición.

As microaccións reivindicativas foron as seguintes:

Devolución de necesidades e reivindicacións:
Celebramos unha xornada no IES Agra do Orzán coa participación de todo o alumnado de 4º da ESO (90 mozos e mozas), profesorado, ANPA, persoal da Biblioteca do Ágora e profesorado do MOPS. Presentamos á Concelleira de Benestar Social, Mocidade e Participación as necesidades identificadas durante o proceso de diagnose.

Acción artivista de rúa:
Organizamos unha marcha reivindicativa polas principais rúas do barrio, na que 90 estudantes crearon un parque móbil levando plantas. A acción contou coa participación da veciñanza, á que convidamos a sumarse, e distribuímos información para sensibilizar sobre o problema da falta de espazos verdes. A resposta nas rúas foi moi positiva e a acción tivo repercusión na prensa.

Estas accións reforzaron a loita sostida durante anos polas entidades e a veciñanza, conseguindo que o Concello tomase nota das demandas. A concelleira comprometeuse a organizar un encontro con responsables de distintas áreas, e o proceso para desbloquear o proxecto do parque parece estar en marcha grazas ao traballo colectivo

"Poñámonos Verdes: por un barrio coidado e que nos coide" web de ASF "Poñámonos verdes: por un barrio coidado e que nos coide" en Agra, barrio de coidados Acción participativa coa Concellería de Benestar social, Participación e Igualdade Nova "Los jóvenes de Agra do Orzán piden zonas verdes" Nova "Rey anuncia que habrá novedades sobre el parque del Observatorio" Dossier fotográfico