Feira da sostibilidade

2024

Eco-étika, IES Luis Seoane e Grupo CIDEL Galicia

ODS03 Saude Benestar, ODS07 Enerxia Limpa Asequible, ODS12 Producion Consumo Responsable, ODS13 Accion Polo Clima, ODS17 Alianzas

Neste ambicioso proxecto, promovemos o consumo responsable actuando dende os centros escolares e abrindo as portas ao mundo. Buscamos xerar unha reflexión crítica sobre o modelo de consumo actual e os efectos que ten na nosa sociedade e no medio ambiente. 

Da man disto, favorecemos o pensamento crítico incorporando accións transversais cun abano de temáticas que abrangue dende as finanzas éticas, a desigualdade social, o impacto nas relacións de xénero e a saúde mental.

 

Un pantalón vaqueiro precisa máis auga que unha persoa para vivir en sete anos

A pegada hídrica da roupa que empregamos no noso día a día non pasa desapercibida. Para obter un kilogramo de algodón precisamos aproximadamente 10000 litros de agua e para un vaqueiro 8000 litros. Estes datos son obtidos da web oficial do fondo mundial para a natureza.

Por outra banda, as condicións laborais das traballadoras no sector textil adoitan estar moi por debaixo da precariedade, empregando en un alto número de ocasións man de obra infantil. Estes datos poden observarse en infinidade de fontes coma, por exemplo: periódicos da contorna ou páxinas de ONG coma Educo.

Conciencia crítica combatendo o consumo desmedido

Á vista dos datos analizados e ca preocupación crecendo, a busca de solucións semella imperiosa. Por iso, realízase un debate  onde se expoñen ideas coma: reciclar, reducir o consumo e o desperdicio, coidar o medio ambiente, fomentar o uso de transporte público, e outras ideas que adoitan ser comúns. Porén, houbo unha idea que salientou sobre as demais que foi a de crear conciencia, tomar a preocupación polo mundo que nos rodea como un punto de unión e crear unha rede na que alumnado actúe como activista promovendo uns hábitos de consumo responsables fóra das portas do centro escolar.

Deste xeito, entendendo que a ferramenta máis importante para frear o impacto dos nosos hábitos diarios no medio ambiente é promover uns hábitos de consumo responsable. 

Dende o grupo Ecoétika actuamos dende diferentes puntos a forma de crear unha conciencia sobre o impacto que xera o ser humano durante a súa actividade.

Así, xerando un pensamento crítico dentro das aulas e proxectándoo fóra delas crear un modelo no que inspirarse e promovendo a colaboración non só de alumnos e profesores senón de institucións, organizacións e empresas que promovan un modelo sostible. Sendo conscientes de que a unión fai a forza, este proxecto vía como unha posible solución aos problemas de consumo tecer unha rede na que colaborar todos xuntos a prol dun mundo máis sostible.

Feira da sostibilidade: Pensa, actúa e consume responsable

Para crear conciencia no alumnado e no mundo en xeral, dende Ecoétika e aproveitando os corredores do IES Luís Seoane deseñouse unha feira da sostibilidade. Esta consiste nun espazo de encontro onde toda a comunidade educativa se reúna nun mesmo espazo con outras institucións, asociacións e empresas co fin de xerar coñecemento e alianzas en favor da sostibilidade así coma reflexionar sobre o noso impacto no planeta.

Para isto, contactouse coas diferentes entidades, empregando as redes sociais como vía de comunicación e de divulgación, coa intención de que participaran en diferentes modalidades: charlas, stands, xogos, talleres, debates, mesas redondas, etc. 

Unha vez feito isto, preparouse a entrada do centro escolar con stands onde alumnado doutros centros, as institucións e nós mesmos puidemos expoñer proxectos e ideas sobre como traballar no día a día co obxectivo de acadar un mundo máis sostible, tan variadas como: taller de figuras con leite, tintes de camisetas florais, talleres de decrecemento económico, etc.

Máis cerca do día deseñáronse actividades e xogos para os participantes, estableceuse un horario das diferentes actividades e, xa chegada a sesión, conducimos a feira para que o alumnado desfrute de visitar a variada oferta de actividades e sempre desfrutando do proceso.

Dossier fotográfico