Sanando coa música de raíz

2024

IES A Paralaia

ODS03 Saude Benestar, ODS04 Educacion, ODS11 Cidades Comunidades Sostibles

Esta experiencia busca coñecer cómo a música de raíz pode axudar ás persoas con alzheimer, mellorar a súa calidade de vida e concienciar á sociedade sobre esta enfermidade. 

O grupo de 1º de Bacharelato do IES A Paralaia de Moaña, formado por 6 alumnos e alumnas decidimos este curso colaborar nun proxecto vivencial e social para disfrutar a través da música cos maiores da nosa contorna. Así, tras contactos coa directiva do centro de centro AFAMO ofrecémonos a colaborar cos usuarios e coas usuarias para tamén poñer en valor a importancia da música na nosa memoria.

Antes de comezar as visitas, a directora de AFAMO veu a darnos unha charla sobre varios aspectos a ter en conta á hora de colaborar nunha iniciativa que estaban a poñer en marcha neste centro relacionada coa música de raíz, liderada polo famoso música Xavier Blanco. Unha vez alí a directora do centro explicounos as dificultades que afrontan os usuarios nas súas vida e tamén puidemos aprender moitos aspectos sobre esta enfermidade que non sabiamos. 

Os efectos da musicoterapia en doentes de Alzheimer

A enfermidade de Alzheimer é un tipo fundamental de demencia de orixe descoñecido. A raíz da nosa visita ao centro de día “AFAMO”, descubrimos que a musicoterapia (tratamento non farmacolóxico que ten como ferramenta a música de raíz), axuda ás persoas con esta condición de demencia no seu estado cognitivo (memoria, atención, linguaxe), emocional e conductual (ansiedade, depresión e axitación).

Son moitos os estudos que demostraron os beneficios da música sobre diversos parámetros internos, como a presión arterial, a base de varios cambios rítmicos musicais. 

Con este proxecto temos como propósito principal mellorar a capacidade de memoria das persoas que padecen Alzheimer, empregando música de raíz; fomentar o benestar social e do patrimonio culturas das zonas pesqueiras dos concellos de Cangas, Vilaboa e Moaña.

Efecto de la musicoterapia como terapia no farmacológica en la enfermedad de Alzheimer. Revisión sistemática.

A música tradicional ten un impacto considerable nas persoas con Alzheimer

Consideramos que na nosa sociedade existe unha nova problemática que xurde nos últimos tempos, onde os nosos maiores xa non poden ser atendidos nos seus fogares como antano, e sufren de maior soidade.

No pasado recente eran normalmente as mulleres, amas de casa e coidadoras de fillos e maiores as encargadas de atender aos anciáns, pero desde que a muller tamén se forma e incorpora ao mercado laboral, temos un sector da sociedade que ten que ser derivado a centros especiais cando non é autosuficiente para vivir en soidade. 

Decidimos adentrarnos no mundo do Alzheimer xa que nos parece unha enfermidade moi frustrante, tanto para usuarios coma para os seus familiares, polo que estes momentos de ocio que se propoñen poden contrarrestar eses outros momentos de silencio angustiante. 

Ademáis, xa é máis que sabido o grande poder que ten a música no cerebro, que é quen de facer que unha persoa que non recorda nin o nome dos seus fillos e fillas, pode interpretar de principio a fin unha cantiga popular de hai máis de 50 anos. Quixemos comprobar este gran poder desta arte e intentar crear momentos de distensión e de solidariedade con este sector, que, na nosa sociedade actual está tan aparcado nos últimos tempos.

Musicoterapia para o benestar de usuarios/as con Alzheimer

O proxecto no que participamos e que levou a cabo AFAMO coa colaboración de Xavier Blanco divídese en 3 partes:

  1. Actividades de investigación, divulgación e sensibilización. 
    Realización rutas sonoras por espazos mariños, charlas divulgativas centradas na cultura mariñeira e representacións didácticas musicais con instrumentos da música de raíz, relacionados co mar.
  2. Obradoiros de intervención terapéutica.
    Confección de instrumentos musicais mariños. Adaptación á capacidade das persoas para crear instrumentos con materiais sinxelos, como cunchas de vieira, mexilón, ameixa, entre outros. Destaca a canaveira.
    Repertorio de Cantigas mariñeiras. Coa colaboración de Xavier Blanco, exploramos e interpretamos cancións tradicionais relacionadas co ambiente mariño, causando unha estimulación nas persoas.
  3. O movemento acompasado.
    Pasos de baile que conforman a orixe, base e fronte de inspiración do baile tradicional actual. Un dos bailes que destacan de movemento acompasado é a ¨cana verde¨. Estes movementos están adaptados ás persoas usuarias debido a que son pasos máis lentos e sinxelos; isto axuda a traballar a estimulación motriz.

Tamén existen outras entidades que participan e colaboran neste proxecto: Cooperativa Socomgal, a Asociación Sueste, entre outras.

Os primeiros contactos cos nosos maiores chegaron da man da interpretación colectiva dun repertorio de cantigas mariñeiras acompañadas polo acordeón de Xavier Blanco.  Estas cancións populares relacionadas co mar e a súa xente e que foron transmitidas oralmente ao longo de xeracións, teñen un profundo significado cultural nesta contorna. Puidemos comprobar cómo a gran maioría de usuarios e usuarias deste centro era quen de cantar a grande maioría das letras das cancións propostas, e o facían dunha maneira placentera. 

Polo tanto,  estas sesións no só foron unha forma de pasalo ben e de axudar aos usuarios a lembrar o seu pasado senón que  estimularon diferentes aspectos como a función motriz, cognitiva ou mesmo emocional, dando un maior benestar social ás persoas con Alzheimer.

Tamén tivemos a oportunidade de colaborar nun dos obradoiros que se realizaron; como o de confección de instrumentos mariños como a canaveira,  un sinxelo instrumento de percusión da música de raíz a base de cana verde. Alí, axudamos aos usuarios a facer as súas propias canaveiras, tentando  adaptar esta actividade ás habilidades e aptitudes de cada persoa, para que todos e todas puidesen gozar e participar nela. Estes instrumentos producen sons puros e harmoniosos que poden influír positivamente na enerxía vital das persoas.

En varias das xuntanzas traballamos o movemento acompasado cos maiores que tiñan mellor mobilidade. Para isto mezclábamonos entre os usuarios tendo coidado que non se cansaran ou tropezaran. Fixemos uns bailes moi lentos e sinxelos nos que os maiores sentían seguridade e diversión, e puidemos comprobar como disfrutaban dese momento.

Salientable foi o día que fixemos a ruta sonora polo peirao de Moaña, onde bailamos unha danza circular “a cana verde” onde faciamos unhas pontes coas mans que todos e todas tiñamos que atravesar. Con esta actividade conseguimos traballar a estimulación motriz e conectar coa música de raíz da man de Xabier Blanco. Nesta actividade, a xente nova tivemos a oportunidade de coñecer como os mariñeiros usaban distintos obxectos para facer música (como a caracola, os axóuxeres, as zumbadoras, as cunchas…).

En xeral, podemos comprobar como a música almacena recordos dunha manera permanente, e recordos que son moi antigos, e que fan disfrutar a estas persoas, que tanto participaban das cantigas propostas e dos bailes, coma comezaban a contar outras anécdotas e outras cantigas que estaban entre os seus mellores recordos. A xente nova aprendemos moito destes maiores, entre outras cousas a perder a vergoña, que en moitas ocasións nos limita. Toda esta simbiose fixo que esta experiencia incrementara o nivel de benestar xeral, tanto de usuarios coma de colaboradores. 

Dossier fotográfico