Coidando do noso ceo

2021

Universidade Laboral de Ourense

ODS11CidadesComunidadesSostibles, ODS13AccionPoloClima

Dende a Universidade Laboral de Ourense investigamos sobre o problema da contaminación lumínica, e os efectos da tecnoloxía na vida das persoas e no medio ambiente. Continuamos reivindicando a necesidade de manter un ceo limpo de contaminación.

Web Facebook Instagram

Nun ceo escuro veremos arredor de 4500 estrelas. Nos centros urbanos, probablemente, nin unha decena.

A partires de coñecer o proxecto Starlik e partindo dun interese común, como é disfrutar dun ceo limpo e pisar sobre unha terra sá, vemos a relación que hai entre estas dúas cousas. Hai un conflito entre o noso desexo de ver o ceo e os astros, e as intencións de devandito proxecto.

Comezamos a estudar en que consiste o proxecto Space X, empregando fontes críticas, como é a páxina web dun dos principais afectados: Asociación Internacional de Astronomía. Outras entidades ecoloxistas tamén teñen advertido sobre o problema da contaminación lumínica: ecoloxistas en Acción, ou Greenpeace. Para ter unha dimensión do problema, recomendamos visitar a web Light Pollution Map, que amosa o estado da contaminación lumínica no mundo, a tempo real. 

Queremos un ceo limpo

Ata que punto somos responsables da contaminación lumínica? Dámonos conta que o proxecto Starlik consiste en desplegar unha rede electromágnética de 5G, os controvertidos satélites.

Durante varias sesións e por grupos de traballo, comprobamos como a crecente tecnoloxía que promete banda ancha para todo o planeta, implica tamén a perda da intimidade, da capacidade de elección, a sustitució da persoa pola técnica, ademais das implicacións no medio ambiente.

Ante proxectos de tal calibre, preguntámonos sobre o dereito a decidir por nós mesmos sobre cuestións publicas, a desfrutar dun entorno limpo, a que os animais (investigamos o caso das abellas) non estean en perigo pola instalación destas tecnoloxías, a ver as estrelas de noite, a ter máis campos de cultivos limpos...Chegamos a conclusión da interdependencia de todos os proxectos que se poñen en marcha, e as consecuencias que teñen no medio ambiente e nas persoas.

Que podemos facer para que o ceo non perda a súa escuridade?

De nós non depende que se instalen ou non todos estes satélites, nin os fabricamos, nin nos preguntaron sobre deles, pero temos claro que queremos coidar do lugar no que vivimos. Así que quixemos dar a coñecer o noso sentir, acompañado de tódolos argumentos que investigamos. 

Así, escribimos unha carta, que adxuntamos a continuación. Unha delas presentámola no IES Universidade Laboral de Ourense, e dende alí enviamos outra carta ao Concello de Ourense.

A día de hoxe non recibimos resposta de ningún tipo, pero continuaremos reivindicando a necesidade de coidar o ceo e o medio ambiente.