Castañas no verán

2021

AGARESO

ODS10 Reducion Desigualdades

Podcast promovido polo voluntariado de Agareso, no que se tratan temas sociais en programas temáticos mensuais. O principal obxectivo do podcast é tratar en profundidade temas que habitualmente non se ven recollidos nos medios tradicionais e darlle voz a persoas que normalmente non acceden con facilidade a ese altofalante.

Facebook Instagram Twitter

Escoitamos para dar voz

Agás medios especializados, é difícil atopar podcasts nos que se traten temas sociais en profundidade, dende unha perspectiva galega e feminista. Castañas no verán, cun equipo formado por profesionais da comunicación, pretende xerar un banco de contidos nos que se traten temas sociais a través de entrevistas, reportaxes, tertulias e pezas máis híbridas. En cada programa achegámonos ao tema desde unha perspectiva galega, pero sen renunciar a botar un ollo ao que pasa noutros lugares do mundo. Ata o momento falamos de feminismo, migracións, vulnerabilidades, saúde mental, desemprego, medio ambiente… E moitas outras temáticas

O podcast: un espazo para reflexionar e poñer en común

A equipa de Castañas está formada por Lucía Rodríguez, Cintia Martínez, Lara Dopazo, Uxía Pérez, María Aneiros, Sofía Caamaño, Rocío Cadahía e Verónica Couto, que é quen coordina o programa. Entre todas e repartindo equitativamente o traballo sacan a dainte un programa mensual. Todas elan son voluntarias de Agareso e adican moito do seu tempo libre a ter reunións semanais, debatir ideas, preparar as pezas e moitas cousas máis. Cada decisión que se toma a cerca do podcast faise de xeito conxunto, como tamén se reparten o traballo e os logros. Castañas é un espazo democrático, feminista e apolítico.

Despois de duas tempadas cheas de contidos diversos, en outubro de 2021 arrancou a terceira tempada do Souto radiofónico. Para empezar, a equipa decidiu falar de discriminación. En concreto, falamos de estereotipos culturais e discurso do odio. Este é só o comezo a unha nova tempada cargada de novidades e temas que merecen ser contados.

Voces diversas, oíntes fieis

Nestas dúas tempadas completas, fixemos un total de 16 programas que sumaron 2779 escoitas en Ivoox e 768 en Spotify. Neste momento todas as persoas que o desexen poden escoitarnos a través desas duas plataformas, ou en Google Podcast. Todos os epidosios están tamén subidos á páxina web de Agareso. Ademais diso, colaboramos asiduamento con El Salto, tanto na sua versión web como radiofónica. 

Os programas que tiveron un maior número de escoitas foron o número 4, que falaba da trata de mulleres con fins de explotación sexual ( Que entendemos por explotación sexual? Como é a realidade das vítimas? Como funciona o sistema prostituínte? Son algunhas das cuestións das que fala); e o número 12, que trataba sobre a mercantilización dos corpos. Nese programa falamos das diferentes formas que o sistema patriarcal ten de facer dos nosos corpos un mercado: ventres de alugueiro, doazón de óvulos, novas formas e escenarios que se dan na rede… Isto lévanos a concluír que hai demanda de contidos sociais cando son tratados con rigor e profundidade.