Creamos o Espazo de troca de saberes

2021

ASC Entropía

ODS04Educacion, ODS11CidadesComunidadesSostibles

ASC Entropía defínese como feminista, ecoloxista e antirracista. Conta coa cesión de dúas casas antigas na parroquia de Oca, A Estrada. A casa grande é un Centro Social Autoxestionado, onde desenvolver todo tipo de actividades educativas, culturais e lúdicas. Un dos seus fins sociais é a dinamización do medio rural a través da creación dun espazo de troca de saberes no cal preservar, transmitir e fomentar os coñecementos mediante a xeración de lugares inclusivos e tempos de encontro interxeracionais. Un espazo onde calquera persoa poida participar e aprender compartindo os seus saberes.

Facebook Instagram

Investigamos sobre o rural galego de hoxe e a perda do noso patrimonio cultural

Segundo o Instituto Nacional de Estadística a poboación galega sitúase nos seus datos mínimos, no ano 2020 contaba con 2.701.819 habitantes, sufrindo un forte descenso dende o ano 2010 no que a nosa comunidade contaba con 2.797.653 habitantes.

O descenso da poboación en Galicia é desigual, nas cidades a caída é menor que no rural, sendo este a maior parte do territorio, “El envejecimiento y su corolario, el despoblamiento, son dos hechos generalizados en la región, aunque se manifiestan de manera virulenta en el medio rural”. Fonte: José Pazo, A., & Pilar Moragón, M. (2018). El despoblamiento en Galicia: la visualización de la “catástrofe”. Ager. Revista de Estudios sobre Despoblación y Desarrollo Rural, 24, 123–154

Coa perda da poboación rural e coa consolidación de movementos modernos como a globalización tamén desaparecen as tradicións e os valores que conforman a cultura dun territorio, como reflexa unha das conclusións das Xornadas sobre despoboación e cultura tradicional celebrada en Segovia no 2019: “Ciertamente, encabalgada a la despoblación se ha producido una des - patrimonialización material e inmaterial.” 

Destas xornadas tamén destacamos que as novas iniciativas por conservar e dinamizar a vida nos espazos rurais son unha das esperanzas que emerxen para estes territorios: “Pero también ha habido y hay nuevos intentos de repatrimonialización. Y la patrimonialización ha adoptado outras formas, como la moralización, los talleres de experiencia, etc.” Fonte: Jornadas sobre despoblación y cultura tradicional. Organizadas por UNES-Centro de Segovia, SIC, Instituto Gózalle Horror- Deputación de Segovia en Segovia, 3-4 de mato de 2019.

Estamos perdendo moito no rural galego

Dende a realidade do rural galego, para as persoas socias e voluntarias de Entropía faise tanxible a necesidade de fomentar e crear novos espazos de aprendizaxe onde se compartan os novos saberes e se fomente a preservación e transmisión das tradicións culturais. Deste xeito nace a idea do espazo de troca de saberes e decidimos en asemblea que se centrará na realización de actividades diferentes que actúen como medio para acadar os seguintes obxectivos:

- Dinamizar o medio rural, así como a participación do desenvolvemento comunitario da contorna.

- Recuperar o patrimonio, manter e aproveitar o espazo da finca, así como conservar o patrimonio cultural e o medio natural.

- Crear un espazo educativo libre e accesible a través da educación non formal e informal.

- Fomentar espazos de encontro interxeracionais.

- Fomentar a conservación e transmisión dos saberes tradicionais.

- Fomentar o desenvolvemento sostible, a economía circular e a redución de refugallos.

- Creación dun espazo respectuoso entre as persoas e co medio.

Así mesmo, estamos da cordo co recollido na Convención para a Salvaguardia do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO na súa 32ª reunión, celebrada en París do 29/09 ó 17/10 do 2003: as tradicións e saberes de cada rexión conforman a súa identidade e é fundamental recuperar e conservar cada unha delas para salvagardar a cultura dun territorio e polo tanto o crisol da diversidade cultural global e garantir o desenvolvemento sostible.

Novos espazos para os tradicionais e novos saberes

Este espazo encadra as actividades realizadas en tres apartados principais, por un lado, as actividades relacionadas ca construción e a horta, por outro lado as actividades enfocadas nas charlas e obradoiros e no terceiro apartado as accións centradas nos encontros e creación de redes.

Algunhas das actividades que levamos a cabo:

- Actividades de horta e construción: creación do primeiro bancal, horta ecolóxica para nenas/os, Limpeza do regato, roteiro de plantas de San Xoán, rehabilitación da casa, creación dun bancal sintrópico, xornada de traballo con madeira. 

- Actividades de charlas e obradoiros: observación das Perseidas, aprende o arte de facer shibaris, obradoiro de acroioga e de ioga e movemento, xabóns con aceite reciclado, obradoiro con xabóns e plantas, taller de iniciación á guitarra, obradoiro de bricarteiras, comunicación canina: as etapas de vida do can, iniciación á permacultura, contacontos. 

- Encontros e creación de redes: 4 Mercadillos sintrópicos e xantar vegano, e celebración de encontros musicais.