A saúde mental na adolescencia en época de Covid-19

2021

IES Urbano Lugrís

ODS03SaudeBenestar

Esta micro-experiencia de transformación social foi traballada e levada a cabo nas clases de valores éticos e relixión durante o curso 2020 – 2021 polo alumnado de 4º da ESO. O obxectivo desta micro-experiencia foi o de dar visibilidade á saúde mental nos e nas adolescentes.

Web Facebook

A pandemia arraxa a saúde mental dos e das adolescentes

Nos últimos meses falouse moito dos efectos da Covid-19 na saúde mental da mocidade. No ano 2020, estímase que dous millóns de mozos e mozas de entre 15 e 18 anos sufriron síntomas de trastorno mental. A OMS prevé que no ano 2023 os problemas mentais sexan a primeira causa de discapacidade entre as persoas novas.


 

Algúns documentos que puidemos empregar para achegarnos ao problema:

Noticia Eldiario.es do día 2 de xuño de 2021: “Crecen un 50% las urgencias pediátricas por problemas psiquiátricos“

OMS: Saúde mental dos e das adolescentes

Consecuencias de la COVID-19 sobre la población joven en España

A Covid-19: unha nova situación de presión para a mocidade

A crise sanitaria puxo de manifesto as debilidades que presentaba o sistema en canto á mocidade. Esta situación, que fixo cambiar a todo o planeta os seus hábitos cotiás, non foi allea aos mozos e ás mozas: clases a distancia, pouca interacción coas amizades, reducimos as actividades nas que nos relacionábamos, etc. 

Ademais da preocupación pola saúde, a pandemia trouxo consigo unha grave crise económica, que incrementa a idea dun futuro incerto, agravando a situación previa da que partíamos. As principais preocupacións teñen que ver co desemprego xuvenil e a falta de recursos para poder chegar a emanciparse.

Demos un paso máis e pensamos tamén na situación dos países do Sur Global e en como lles está afectando a pandemia: parten dunha situación económica moito máis feble, e as súas oportunidades son menores: as escolas pecharon sen ofrecer alternativas de clase a distancia, por exemplo. Isto fai que as desigualdades se incrementen.

 

Algúns documentos que nos fixeron pensar:

"Cuando el colegio es un recuerdo"

Concienciamos sobre a saúde mental xuvenil mediante o podcast “Sácame da miña cabeza”

Co obxectivo de dar a coñecer e debater na comunidade educativa sobre a saúde mental da mocidade, realizamos dous podcast que a rapazada deseñou, guionizou e gravou.