Mulleres con motivos

2021

IES Rafael Dieste

ODS05IgualdadeXenero

O alumnado de filosofía de  4º da ESO do IES Plurilingüe Rafael Dieste promovemos a micro experiencia de transformación social “Mulleres con motivos”, na que abordamos o tema da personalidade e a motivación persoal das mulleres nos ámbitos do deporte e da filosofía, empregando como canle a radio escolar.

 

Web Facebook

Podes nomear 10 deportistas? E 10 persoas dedicadas á filosofía?

Para coñecer as motivacións das mulleres cara ao deporte e a filosofía, achegámonos á situación das mulleres nestes ámbitos mediante dúas metodoloxías: unha breve pregunta ás persoas na nosa contorna, e o análise dun medio de comunicación deportivo e dun manual de filosofía. En ambos casos, as mulleres foron menos nomeadas e menos visibles.

Cada rapaz e rapaza da clase preguntoulle a 5 persoas da súa contorna estas dúas cuestións: “Podes dicirme o nome de 10 deportistas?”, e “Podes dicirme o nome de 10 persoas que se dediquen á filosofía?”

Os resultados foron os seguintes: no caso do deporte, o 75,8% dos nomeados foron homes, fronte ao 24,39% das respostas, que foron nomes de mulleres deportistas. Analizando un medio deportivo especializado, das 43 páxinas do xornal, só dúas contiñan información sobre mulleres deportistas (Daniela Guillén, Ana Nogueira e Simona Halep).

Polo que fai á filosofía, preguntando por persoas que se dedicasen á filosofía, os nomes de mulleres foron só o 8,1% do total das respostas. Na programación escolar de Historia da Filosofía de 2º de bacharelato non hai ningún tema no que se estude a achega de ningunha pensadora, e a presenza de mulleres no libro de texto é escasa.

Deporte femenino, gran desconocido

Por que as mulleres no deporte e na filosofía son menos visibles que os homes?

Dada a pouca visibilidade das mulleres en certos ámbitos, comezamos a facernos preguntas: ata que punto a motivación persoal ten que ver coa personalidade?; Como inflúe a sociedade na motivación e na propia personalidade?; Existe a “motivación social”?; Poderíase analizar dende unha perspectiva de xénero?.

Comezamos afondando no tema da personalidade e da motivación durante cinco sesións de aula,  e despois propuxemos un debate ( que nos levou dúas sesións de aula) no que saíron preguntas tan interesantes como: a personalidade e a motivación, dependen do entorno?

Respecto á primeira o alumando tivo moi claro que a personalidade non depende do entorno. Con respecto á motivación, aquí o alumando xa non o tiña tan claro, en calquera caso estas preguntas levaron ao alumnado a dialogar e posicionarse. Algúns mozos e mozas, axudoulles a ter unha opinión mais formada despois de facerlle unha entrevista a Alicia San Martin, que comentamos na fase de Acción.

Habelas, hainas! E falamos con elas na RadioFiestra

A nosa micro - experiencia quixo dar a coñecer á contorna a algunhas mulleres deportistas e filósofas, mediante entrevistas realizadas na Radio do IES. A clase dividiuse en grupos, buscando información sobre mulleres (galegas e españolas) dos ámbitos deportivo e cultural – filosófico.

Nunha sesión entrevistamos en directo a Alicia San Martín, xogadora de rugby profesional, e puidemos falar sobre as súas motivacións para comezar a practicar este deporte. O guieiro de preguntas foi elaborado en conxunto polo alumnado da clase. Na segunda sesión entrevistamos a Remedios Zafra, pensadora e escritora, mediante un correo electrónico con preguntas, ás que despois puxemos voz no estudo de gravación de RadioFiestra. Nesta entrevista tamén nos animamos a facer unha cuña de contrapublicidade dende a perspectiva de xénero. Se queres escoitarnos, preme neste enlace