6 outubro 2019 | A segunda reunión do Prisma celebrouse en Santiago de Compostela o venres 4 de outubro de 2019. 

Retomando os aspectos que foran trazados como liñas mestras na primeira reunión, avaliouse a posta en marcha das primeiras accións do Globo, en especial o I Encontro. 

Entre os puntos positivos, destacouse o valor do Encontro como espazo de recoñecemento do traballo feito polo alumando e o seu protagonismo nas actividades, así como o bo ambiente. Botouse en falta máis tempo e unha maior heteroxeneidade de axentes, aspectos que se traballarán de cara ás próximas edicións.

O Prisma traballou tamén sobre os seguintes pasos, realizando unha batería de propostas en catro ámbitos: a valoración e a introdución de melloras na web do Globo; as orientacións sobre o acto de presentación pública do Globo; as orientacións e a programación da proposta educativa nos centros e a apertura do globo a novas entidades e redes.

Finalmente, o encontro do Prisma contou cun espazo distendido para o descanso e a conversa informal.